O DESEÑO non é unha labor menor, é a base, a BASE de verdade da fabricación, da produción de todo o que fai o ser humano.
E é un traballo sumamente especializado, que vai infinítamente más alá do estético, e que require que unha letra, una (insignificante?) letra que leeremos en menos dunha centésima de segundo, teña probablemente levado días, semanas, ou meses, a aquel que, despois dun longo camiño, lle deu vida.
A entrevista mostra, tamén, o endeble da formación de Deseño no noso país, non por falta de especialistas, nin de medios técnicos, senón por falta evidente de concienciación social da importancia e relevancia desta(s) actividades(s).
A importancia que se lle da a unha materia como DESEÑO no ensino, que só aparece na rama de Artes, e as veces, nin sequera se oferta, en todas as súas vertentes, como unha(s) ciencia en sí mesma(s), considérase aínda algo meramente estético, cando é a base, o ALFA, o punto de partida da produción INDUSTRIAL, a única maneira de facer viables todo tipo de industrias e actividades de produción a partir de planificalas antes de facelas.
DESEÑO debería ser unha materia presente en todo o ensino, non algo propio "dos de artes"...pero lamentablemente, esta pobre, pacata e medieval concepción das necesidades do ensino xeralista non se resolve logo na universidade (lóxico) e a falla de base de coñecemento, o extremo analfabetismo visual no que se educa a meirande parte do alumnado, fai que nos niveis superiores, non se chegue a poder facer unha profundización e que se teña que partir de cero.
O bo e ver, como, a pesar de todo esto, a pesar das carencias que temos e teremos, sae xente de cando en vez como Ferrán Milan, xente que loita contra todas as barreiras dunha sociedade empeñada en mirar cara atrás en vez de cara adiante.