Mostrando entradas con la etiqueta rosa neira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rosa neira. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de mayo de 2012

ATA SEMPRE

Os alumnos de 2º BAC deixan o instituto, despois de uns cantos anos nos que deixaron a súa pegada entre estas paredes, e as súas chuletas baixo algunha mesa.
Os de bacharelato de artes, ademáis, son e serán sempre a PRIMEIRA PROMOCIÓN deste Bacharelato, no IES MGB de A Estrada.
Iago, Lorena, Paula, Alba, Diego, Rosa, Andrés, Micael, Fátima e Marta son os alumnos que estrenaron a aula de debuxo artístico e técnicas de expresión gráfica, os alumnos que estrenan titulación, os que pasaron as dificultades e as apreturas típicas nunha nova especialidade que comeza a andar, e os que para sempre figurarán nesa primeira orla, ideada por Lorena, na que, nun patio de veciños, os dez elexidos posan fotografiados por Paula.
Non son bos tempos para ser xoven neste país, que xa fai tempo desprazou a xuventude do protagonismo e condenou a brillantes estudiantes e xente con moita capacidade ao ostracismo, mentres a cultura do pelotazo fixo acadar poder e cartos a individuos de escasa formación e aínda menos catadura moral.
Ser xoven hoxe en día require ter unhas esperanzas blindadas, e uns soños de ferro, a proba de tantas cousas éticamente insoportables que están a pasar.
Pero tamén son eles, a mocidade, os que teñen a chave para cambialo.
Esa chave quizáis se chame CREATIVIDADE.







martes, 4 de octubre de 2011

IMAXES DE LUZ E CARTÓN

A cámara escura ou cámara estenopeica é fotografía no seu estado máis puro... unha imaxe feita con luz, que se forma e estampa nun papel ao atravesar un burato feito nunha caixa, sen máis.
As posibilidades estéticas que se poden obter con esta forma de facer fotos son enormes: os tempos de obturación longos, a infinita profundidade de campo...e por suposto, o feito de facelas en grupo, fai que as ideas se multipliquen, e cada día de traballo sexa mellor que o anterior.Non hai tempo para facer moitas, pero algunhas son boas, moi boas: aquí temos algúns exemplos...fotos de Diego Fernández, Rosa Neira, Iago Fernández, Marta Quinteiro, Fátima Maquieira e Paula Pájaro

































Hai moitos artistas que utilizan a cámara escura, e incluso moitos que SÓ utilizan a cámara escura como medio de expresión.
A fotografía convírtese, nas súas imaxes, non nunha pegada da realidade na que se busca a verosimilitude, senón nunha linguaxe artística propia que reflexiona, nun interesante xogo metalinguístico, co propio medio.
Como exemplos, as fotografías de Abelardo Morell, que retrata cunha cámara escura cidades do mundo DENDE as habitacións de hoteis, á súa vez convertidos en cámaras escuras mediante un buraco na fiestra.
Tamén interesante é o proxecto de Patricia Durillo e Jerome González, no que do mesmo xeito (unha cámara escura dentro doutra) retratan a súa propia intimidade.
E no menos curiosas son as imaxes que nos mostrou a alumna Alba Novoa, do fotógrafo Justin Quinell, que mete unha cámara escura dentro da súa boca e retrata o seu mundo dende alí...



Hai xente para todo