Mostrando entradas con la etiqueta maquetas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta maquetas. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de enero de 2014

MATTHEW ALBANESE, O REY DOS PEQUENOS DETALLES

Matthew Albanese é un artista que utiliza todo tipo de materiais de refugallo para construir os seus dioramas hiperealistas. Fotografías SEN retoque dixital, na que só a base de iluminación e precisión consegue un efecto de increíble realismo.
AQUÍ podes ver a súa páxina, e AQUÍ o seu flickr, onde poderás atopar cousas como estas:




jueves, 16 de mayo de 2013

A MAQUETA DO CONCELLO DE A ESTRADA...EN POUCOS DÍAS NA PAREDE DO MGB

Os alumnos de 3º ESO C están dando os últimos toques a gran maqueta (2x2 metros) que representa a topografía de gran parte do Concello de A Estrada.
O fragmento do territorio do Concello é o que se pode ver neste GIF animado, que representa o fundido entre o que é o plano que usamos como matriz, e que baixamos da páxina do Instituto Topográfico Nacional, e a imaxe do Google Earth do mesmo territorio, á que se parecerá máis a nosa maqueta.

A maquete foi realizada sustituíndo as liñas de isocotas do relieve marcadas no plano por sucesivas planchas de cartón, que recollíamos cada día na cafetería e que nos gardaban amablemente Teresa y Mary.
Unha vez rematado este longo e pesado traballo, utilizamos o cartón fallero cedido pola produtora ARTEFACTO para igualar o relieve e atenuar o escalonado do cartón.
E despois pintamos o resultado.

Pode decirse que, como moitos dos nosos traballos, istó é unha auténtica LECCIÓN DE RECICLAXE.
Pronto veredes o espectacular esultado, e poderedes buscar a vosa casa ou a vosa aldea coma se fósedes un paxaro, a mil metros de altura



 photo ANIMACION2_zpsf02736f3.gif

jueves, 17 de enero de 2013

LEVANTANDO O PAÍS

Os alumnos de 3ºc andan levantando o país...literalmente. Pero a pequena escala, iso sí...e (de momento) só unha parte, o Concello de A Estrada. Lámina a lámina de cartón, e planos topográficos por medio, convirten un plano en 2d nunha gran maqueta en 3d que pronto veredes rematada. Aquí, unhas fotos do proceso...