Este 16 de marzo, os alumnos de 2º Bac de Artes terminaron un mural, feito coa técnica de estarcido, na parede do CEIP Pérez Viondi, un muro que foi antes pintado polo colectivo cultural A Estación, e que nós complementamos con este estarcido, deseñado por Natalia Liste, e no que todos os alumnos de Bac de Artes traballaron no proceso e pintado final.
Antía, Alba e Alex traballaron por partida doble, xa que eles tamén formaron parte do colectivo que, previamente, traballou na parede, eliminando "pintadas" e suciedades varias, estampando unhas frases que poñen en valor a creatividade nas aulas, algo desgraciadamente en desuso, e do que moitas veces son máis conscientes nas primeiras etapas do ensino.
O traballo foi organizado polos equipos de normalización lingüística dos dous centros, o IES García Barros, e o CEIP Pérez Viondi.
No proceso sacamos unha serie de fotos na que Uxía López fixo de modelo, representando unha nena que soplaba una "máquina de burbullas". Como Uxía xa non é unha rapariga, tivemos que posterizar a imaxen, despóis de aumentarlle considerablemente o tamaño da cabeza, para que parecera unha nena de uns oito anos. Esta rapaza, na imaxen, estaba subida a unha pila de libros, dende a que soplaba, facendo saír as pompas de xabrón, pintadas en cores.
Tivemos que traballar a máscara de estarcido na nosa propia aula, e o día de autos realizamos o pegado da mesma, e o pintado con sprays.
A colaboración de ilustres exalumnos, Brais Cajide e Carlos López, tanto no proceso como na inxesta dos bocadillos con que o CEIP nos premiou, foi fundamental.
O resultado, xa vedes, será o inicio de unha boa amizade pictórica entre estes dous centros, hermanados por tantos alumnos, que lembran con cariño as vivencias de infancia entre as paredes do CEIP, agora tuneadas por eles mesmos.
Bitácora do Bacharelato de Artes, Educación Plástica e Audiovisual do IES Manuel García Barros de A Estrada.
Mostrando entradas con la etiqueta Natalia Liste. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de marzo de 2016
miércoles, 25 de febrero de 2015
MIRA
Os alumnos de 1ºBac de artes deseñaron e pintaron un mural no marco da porta de entrada ao corredor principal da planta baixa.
A autora do deseño é Natalia Liste, e debuxaron e pintaron a totalidade dos alumnos do curso.
Para estampalo na parede, primeiro fotografiouse unha imaxen dunhas mans (as de Silvia Monteagudo, immortalizadas xa para moitos anos na parede), que despois foron debuxadas mediante a proxeción da foto, nun papel grande . Con axuda dese papel, fíxose o debuxo no pano da porta, e despois pintouse con pintura plástica, lápis composto e ceras.
As imaxes que vedes aquí son do proceso (aínda non rematado) de traballo.
O deseño de Natalia representa unhas mans que premen o botón dunha cámara de fotos (ou móvil) no momento en que o espectador pasa baixo a porta. Nun inxenioso xogo de espellos, convirten a visión enmarcada polo cadro da porta, dende o punto de vista do que observa, nun xigantesco monitor de cámara, que fai consciente ao espectador do encadre da imaxen que está a ver, unha imaxen visual que posiblemente vexa a diario e (na meirande parte dos espectadores) ao longo de moitos anos. O encadre consciente que provocan estas mans de seguro que farán que reparedes en cousas do corredor nas que antes non vos tiñades fixado: a altura da liña de azulexos, a cantidades de tubos de neón que percorren o pasillo, o número e frecuencia de xanelas...
Estamos tan afeitos a ver dentro dunha pantalla, que as veces esta "enmarcación", este encadre, que dalgún xeito, procesa e selecciona as miles de imaxes e posibles encadres que vemos ao día, é o que nos fai deter a nosa atención en detalles, o que supón unha escolma dos millóns de estímulos visuais que recibimos cada día.
Natalia, sabendoo, ou sen sabelo, que máis ten, conseguiu, con esta pequena pero inmensa aportación ao deseño (que non á "decoración" do centro), que moitos dos que estades cheos de velo a diario, agora o MIREDES, o percibades mellor.
Todos os días vemos moitas cosas, algunhas durante moitos anos, pero moitas veces, non reparamos nelas nin tan sequera nos detalles máis evidentes...¿alguén sabería decir de que cor é o marco a porta da súa casa?...¿de qué cor son os buzóns onde recolle o correo?, ¿cara onde saen os tubos dos radioadores da súa habitación, a súa clase ou o baño onde un se lava a diario?...
Quizáis unha das cousas máis importantes que un ten que aprender (e que aprende no bacharelato de artes ou en plástica), e que desgrazadamente moitos quedan sen aprender...e a MIRAR. Todos nos vemos, pero poucos nos MIRAMOS.
Se hoxe chegas a casa, te tomas o tempo de debuxar a túa nai, teu pai, teu irmán, o teu mozo uo moza...o teu can...descubrirás que facía tempo que non o mirabas, se é que algunha vez o fixeches de verdade...e coñeceralo un pouco mellor...
Fai a proba

Suscribirse a:
Entradas (Atom)