Mostrando entradas con la etiqueta comic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comic. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de noviembre de 2016

BANDA DESEÑADA FEITA EN JAM SESSION

Os grupos de 1º e 2º de Bac de Artes acaban de rematar o proceso de ENTINTADO das BDs que, construídas cadriño a cadriño, entre todos e cada un deles, vos sorprenderán no número 5 da revista PREBE.
Tanto o desenvolvemento argumental, como o debuxo foise repartiendo entre todo o grupo, que foi creando o guión conxunta e expontáneamente...e vaia guións: un tren como metáfora do destino que nos leva nunha viaxe descoñecida...e a outra historia, cun tono moi diferente, un conto de caníbales estradenses que se agochan, despóis da "movida", nun vello Spar...
A única condición era que nas viñetas que debuxaban os alumnos, ao menos unha delas tiña que conter perspectivas cónicas, de un ou dous pfs.
Deixámosvos coas capas das dúas historias, obras de Amneris Thais e Laura Rivero...vémonos en PREBE#5 !!!











viernes, 23 de septiembre de 2016

OTROS DOS LIBROS QUE PODÉIS CONSULTAR Y LLEVAR

PERSPECTIVE FOR COMIC BOOK ARTISTS (David Chelsea)



This clever book teaches artists the unique skill of drawing perspective for spectacular landscapes, fantastic interiors, and other wildly animated backgrounds to fit comic-strip panels.


TEORÍA DE LA INTELIGENCIA CREADORA (Jose Antonio Marina)


El presente libro es una innovadora teoría de la inteligencia, que integra los resultados de las ciencias cognitivas: la neurología, la inteligencia artificial, la psicolingüística, la psicología cognitiva, la filosofía.



 

jueves, 3 de diciembre de 2015

A TRES BANDAS

A TRES BANDAS é un cómic en liña, que conta como funciona a narrativa visual, en particular a BANDA DESEÑADA, partindo precisamente da lectura dunha banda deseñada.
O webcómic consta de 19 capítulos de 6 páxinas, todos eles autoconclusivos aínda que con relación entre sí, nos que Ramón e Matías vannos contar, desde dentro dunha BD, como é ese mundo dende o que nos falan. Nos últimos capítulos nos contarán como podemos abordar a creación da nosa propia BD, e despóis destas historias, poderemos consultar o apartado de Preguntas e Respostas Frecuentes, interesantes tanto para alumnos como para profesores, para poder aplicar o cómic ao uso na aula.
A TRES BANDAS pronto estará disoñible no REPOSITORIO DE CONTIDOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, tanto en galego como en castelán e máis en inglés.
Aquí tedes un adianto, o cómic en galego. Que o disfrutedes...












O proxecto A TRES BANDAS inclúe, ademáis da BD en liña nas tres línguas, complementos como GIFs animados que mostran, de maneira VISUAL, temas como as SOMBRAS, PERSPECTIVAS ou REFLEXOS:





viernes, 17 de octubre de 2014

FRAN BUENO NO IES MGB

O pasado 9 de outubro recibimos a visita do autor de banda deseñada Fran Bueno, premio Castelao de Banda Deseñada o ano pasado. Impartiu unha charla sobre os procesos de realización dunha banda deseñada a alumnos/as de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato. A actividade, organizada polo Departamento de Artes Plásticas, contou coa colaboración do Departamento de Dinamización Lingüística.











lunes, 28 de abril de 2014

FOTOS DA VISITA A "O GARAXE HERMÉTICO" EN PONTEVEDRA

O pasado 25 de abril os/as alumnos/as do Bacharelato de Artes Plásticas visitaron a escola de banda deseñada "O Garaxe Hermético" en Pontevedra, onde foron recibidos polo seu director Kiko Dasilva, quen lles deu unha interesante charla sobre varios aspectos relacionados co mundo profesional da banda deseñada.
AQUI tedes máis información sobre a escola


E AQUÍ e AQUÍ os enlace aos blogues O Outro Lado do Muro e Baixo a Sombra das Pedras Flotantes, adianto do que vai ser a novela gráfica de Kiko da Silva, da que o autor mostrounos orixinais e explicounos o proceso creativo.



domingo, 19 de enero de 2014

martes, 4 de junio de 2013

NON PASES SIN BOTAR UN OLLO A ESTO !!

As tecnoloxías dixitais, ipads, internetes e esas cousas das que as aboas botan pestes, están a provocar interesantes cruces de linguaxes artísticos e narrativos.
Unha INTERESANTÍSIMA mostra disto a tedes neste enlace: sinxelo, profundo e brillante, ARTE en suma, amigos...qué bonito é ver estas cousas de cando e vez !...


domingo, 22 de enero de 2012

viernes, 13 de enero de 2012

Alejandro Miller...digo...Vede

















Calquera que vira algunha destas dúas imaxes pensaría sin sequera dudalo que o que está vendo é o traballo dun ilustrador profesional ou dalgún recoñecido debuxante, pero o que está a ver son debuxos de un alumno de 4º da ESO...si, si, leiches ben: CUARTODAESO.
Alejandro Vede é un deses debuxantes que o son de nacemento, que posúen o don de facer da súa man un metal supercondutor entre a súa imaxinación (poderosa, aínda por riba), e o papel, vítima das súas andanzas.
Non só o debuxo como algo estático, mesmo a capacidade de narración visual (e a narración visual longa, que xa son palabras maiores), parece algo doado nas mans de Alejandro, do que pronto, na revista Prebe, poderemos ver esta alucinante historia, London 96, da que aquí temos a portada.

sábado, 17 de diciembre de 2011

COMICS















Con esta páxina comeza unha delirante historia, obra de Lorena Rozados, que poderedes ver na nosa revista, PREBE, dentro de algúns meses...sí, sabemos que non poderedes aguantar a espera, que queredes ver XA as seguintes páxinas, pero non ides poder ata que non teñades a revista nas mans, e teredes que agardar un pouco.
Cando abrades a revista, vos preguntaredes como era posible a vosa vida antes de PREBE, que faciades no mundo , que o quen daba sentido as vosas vidas sin ese montón de páxinas a5 apaisadas...é o que pasa coas adicións, non teñen cura fácil...o bo é que haberá máis números, moitos máis...o malo é que estádevos a subir polas paredes pola impaciencia e aínda non saiu o número un!...pobriños...
En fín, trataremos de traballar arreo para que podades abrir as súas páxinas o antes posible...
Non desesperedes