Este xenial vídeo está dando a volta ao mundo na rede, Rias Baixas Style.
Detrás del (ademáis dos seus protagonistas, inmensos nos seus papeis) hai unha coñecida nosa: Josebe, profesora de debuxo, e organizadora das xornadas de construción de area na praia da Lanzada a que volveremos este ano...e onde esperamos coñecer a estes actorazos
Bitácora do Bacharelato de Artes, Educación Plástica e Audiovisual do IES Manuel García Barros de A Estrada.
Mostrando entradas con la etiqueta a lanzada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta a lanzada. Mostrar todas las entradas
miércoles, 9 de enero de 2013
jueves, 24 de mayo de 2012
ESCULTURAS DE AREA NA LANZADA
Ainda que co gran baleiro que deixaron os de 2º de bacharelato, que xa preparan o selectivo (ou os exames de setembro), a vida, un pouco triste hoxe, a verdade, segue no MGB.
E hoxe cunha interesante actividade na que participamos: invitados polo IES Monte da Vila do Grove, e organizado pola súa profesora de plástica, Josebe: a nova edición do Festival de Esculturas na Praia, esta vez co tema de SERES MITOLÓXICOS.
Con nós estiveron tamén os 30 alumnos do centro de ensino Jean Jaurés de París, que están estes días no noso centro rematando o intercambio que fixeron con alumnas do MGB.
Os nosos alumnos deixaron a súa pegada cunhas moi boas esculturas, a pesar do pouco tempo de que dispuxemos, tan só dúas horas e media. Entre elas cabe destacar a SEREA de Alberto, Alba, Rubén, Miguel, Adrián e Andrés, (1º BAC de artes) e o dragón de Carlos, Isaac e outros alumnos de 4º ESO.
Estade atentos porque pronto subiremos moitas máis fotos.
Estas son as que fixo Xoan Xosé, profesor de debuxo.
Etiquetas:
a lanzada,
adrian gonzalez,
alba rodriguez,
Alberto Barros,
andres nodar,
carlos lopez,
esculturas de arena,
isaac rivadulla,
Miguel Baliño,
o grove,
rubén iglesias
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











