Mostrando entradas con la etiqueta jessica pantoja. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta jessica pantoja. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de abril de 2013

MÁIS FOTOS CON CÁMARA ESCURA

Aquí temos unhas cantas fotografías máis feitas con cámara estenopeica.
Nalgunhas delas podemos observar o efecto ollo de pez, ou supergranangular que se consegue utilizando como cámaras botes cilíndricos (cola-cao) que amplían a distancia focal ata un ángulo de prácticamente 180º, que deforma a perpectiva do colexio respecto a nosa percepción visual habitual.
Os tempos de obturación foron cortos (para tratarse de cámaras estenopeicas) debido ao bo tempo, (uns dez ou vinte segundos). Iso permiteu poses un pouco máis cómodas para os modelos, e tamén xogar con efectos de movemento (a cara de Sarai na última foto desta serie).
Aparecen nestas fotos Carlos López, as irmáns Lara e Jessica Pantoja, Marta Nogueira, Vanessa Domínguez, Sarai Louzao, Andrea Barreiro, Tania Barral e Soraya Domínguez.
Moitos deles son os propios autores das fotos.





































lunes, 4 de junio de 2012

SAÍD ETEIS

Curtametraxe de 4º, feito na asignatura de EPV, con guión de Manuel García e Isaac Rivadulla, e coas actuacións estelares de todos os alumnos da clase. Inclúe tamén a actuación de Morgan Freeman, pero non o puxemos na montaxe final, porque o director decidiu que actuaba moi mal.
 Editado e dirixido por Isaac,
Estrea para todo o PLANETA, aquí, no MGBOOK, o 3 de xuño de 2012.

Inclúe tomas falsas, con SONIDO (instrumentos de vento incluídos, a cargo de Jesús). Alá vos se o queredes ver...