Mostrando entradas con la etiqueta Laura Rivero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Laura Rivero. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de noviembre de 2016

BANDA DESEÑADA FEITA EN JAM SESSION

Os grupos de 1º e 2º de Bac de Artes acaban de rematar o proceso de ENTINTADO das BDs que, construídas cadriño a cadriño, entre todos e cada un deles, vos sorprenderán no número 5 da revista PREBE.
Tanto o desenvolvemento argumental, como o debuxo foise repartiendo entre todo o grupo, que foi creando o guión conxunta e expontáneamente...e vaia guións: un tren como metáfora do destino que nos leva nunha viaxe descoñecida...e a outra historia, cun tono moi diferente, un conto de caníbales estradenses que se agochan, despóis da "movida", nun vello Spar...
A única condición era que nas viñetas que debuxaban os alumnos, ao menos unha delas tiña que conter perspectivas cónicas, de un ou dous pfs.
Deixámosvos coas capas das dúas historias, obras de Amneris Thais e Laura Rivero...vémonos en PREBE#5 !!!











jueves, 29 de septiembre de 2016

CAL SERÁ A PORTADA DE PREBE#5 ???

Aquí están as 17 portadas!!!, 17 propostas diferentes, frescas e persoais, para elexir entre todos (os habitantes do MGB) e entre todas (as portadas), cal será a que abra a nosa revista, nada menos que o número 5.
VOTA na columna da dereita e axuda a deseñar o NÚMERO 5 !!




PROPOSTA 01 (portada + contra)



...e a súa contraportada:

PROPOSTA 02 (portada + contra)



...e a súa contraportada:





PROPOSTA 03








PROPOSTA 04




PROPOSTA 05


PROPOSTA 06


PROPOSTA 07



PROPOSTA 08


PROPOSTA 09




PROPOSTA 10


PROPOSTA 11




PROPOSTA 12





PROPOSTA 13





PROPOSTA 14







PROPOSTA 15



PROPOSTA 16



PROPOSTA 17





domingo, 15 de mayo de 2016

ÚLTIMOS TOQUES Á "PENSADORA"

Os alumnos de 1º Bac de Artes remataron esta pasada semana a escultura xigante da "Pensadora", baseada no Pensador de Auguste Rodin.
Unha figura feita a base do papel de refuagallo de centos de libros de texto que estaban almacenados polo centro, e que agora pasan a ter una segunda vida útil.
Podedes vela na segunda planta do edificio do instituto.
Pronto levará etatuados na "pel"os nomes de todos os que a construiron: Laura Rivero, Iván Sueiro, María Villamor, Daniel Suárez, Santiago Silva, Diego García, Ariadna Bermejo, Brais García, Maria Brea, Julia Arcay, Nuria Blanco, Gullermo Fernández, Paula Fernández...
Dotar dunha  estrutura autosustentante á figura foi o principal problema ao que tivemos que nos enfrontar: había que, ou ben configurar unha estrutura interna ríxida (con paus de madeira ou metal, a modo de esquelete), ou facer unha forma exterior ríxida e dura de xeito que a propia forma exterior fóra o andamio sustentante, a modo de exoesquelete, como nas estatuas de bronze ou de fibra de vidrio, materiais moi ríxidos.
A solución foi algo máis preto desta última idea, aínda que o recubremento da figura non é tan ríxido coma estes materiais. O principal elemento de estabilidade da figura foi a propia postura da "rapaza", que estudamos durante semanas na aula de volumen. Como do mércores ao luns non temos clase, deixábamos a figura a medio facer, con todas as partes de papel aínda sin "soldar". A meirande parte das veces, algunha parte caía ou escorregaba, e fomos pulindo esta postura ata que vimos que era estable.
Tamén nos axudamos, no cobremento, de vendas de escaiola, e sobre todo, de papel encolado con unha alta concentración de alquil, e disposto en tiras que aseguraban unha resistencia á tracción ao se endurecer, procurando concentrar máis esta resistencia á tracción en zonas sensibles como a unión do torso coa cabeza e cos brazos.
A estrutura interna da figura está feita con bolas de papel unidas a modo de vainas, e voltas a unir ao ancho formando feixes. Con estos feixes fixemos as partes: dúas pernas, divididas en tres partes, dous brazos, tamén feitos en tres tramos, a cabeza (que ten o interior de porexpan, non de papel, para alixeirar o peso), o torso (onde deixamos moitos, motísimos libros de texto), e as cadeiras, unidas logo co torso.
Levamos todo en pezas, xa rematado, o segundo piso, e alí, con dúas mesas que estaban para tirar facendo de "peana" e algúns libros máis facendo unha "cama" que aumentaban a estabilidade pasiva da figura, ensamblamos todo co mesmo que ensamblamos as bolas e os feixes, cinta de embalaxe.
Unha vez feito o ensamblaxe, encolamos varias capas...e aquí tedes o resultado...