Os alumnos de 1º Bac de Artes remataron esta pasada semana a escultura xigante da "Pensadora", baseada no Pensador de Auguste Rodin.
Unha figura feita a base do papel de refuagallo de centos de libros de texto que estaban almacenados polo centro, e que agora pasan a ter una segunda vida útil.
Podedes vela na segunda planta do edificio do instituto.
Pronto levará etatuados na "pel"os nomes de todos os que a construiron: Laura Rivero, Iván Sueiro, María Villamor, Daniel Suárez, Santiago Silva, Diego García, Ariadna Bermejo, Brais García, Maria Brea, Julia Arcay, Nuria Blanco, Gullermo Fernández, Paula Fernández...
Dotar dunha estrutura autosustentante á figura foi o principal problema ao que tivemos que nos enfrontar: había que, ou ben configurar unha estrutura interna ríxida (con paus de madeira ou metal, a modo de esquelete), ou facer unha forma exterior ríxida e dura de xeito que a propia forma exterior fóra o andamio sustentante, a modo de exoesquelete, como nas estatuas de bronze ou de fibra de vidrio, materiais moi ríxidos.
A solución foi algo máis preto desta última idea, aínda que o recubremento da figura non é tan ríxido coma estes materiais. O principal elemento de estabilidade da figura foi a propia postura da "rapaza", que estudamos durante semanas na aula de volumen. Como do mércores ao luns non temos clase, deixábamos a figura a medio facer, con todas as partes de papel aínda sin "soldar". A meirande parte das veces, algunha parte caía ou escorregaba, e fomos pulindo esta postura ata que vimos que era estable.
Tamén nos axudamos, no cobremento, de vendas de escaiola, e sobre todo, de papel encolado con unha alta concentración de alquil, e disposto en tiras que aseguraban unha resistencia á tracción ao se endurecer, procurando concentrar máis esta resistencia á tracción en zonas sensibles como a unión do torso coa cabeza e cos brazos.
A estrutura interna da figura está feita con bolas de papel unidas a modo de vainas, e voltas a unir ao ancho formando feixes. Con estos feixes fixemos as partes: dúas pernas, divididas en tres partes, dous brazos, tamén feitos en tres tramos, a cabeza (que ten o interior de porexpan, non de papel, para alixeirar o peso), o torso (onde deixamos moitos, motísimos libros de texto), e as cadeiras, unidas logo co torso.
Levamos todo en pezas, xa rematado, o segundo piso, e alí, con dúas mesas que estaban para tirar facendo de "peana" e algúns libros máis facendo unha "cama" que aumentaban a estabilidade pasiva da figura, ensamblamos todo co mesmo que ensamblamos as bolas e os feixes, cinta de embalaxe.
Unha vez feito o ensamblaxe, encolamos varias capas...e aquí tedes o resultado...
No hay comentarios:
Publicar un comentario