Mostrando entradas con la etiqueta barcelona. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta barcelona. Mostrar todas las entradas

sábado, 29 de junio de 2013

CUARTO SIMPOSIO MUNDIAL DOS URBAN SKETCHERS

Por cuarto ano, os Urban Sketchers de todo o planeta (que queran e podan desprazarse, claro) teñen unha cita nunha cidade concreta, como todos os anos. O primeiro tivo lugar en Portland, o segundo, moi preto de aquí, en Lisboa...o terceiro en Santo Domingo, e desta volta, o carto vai ter lugar en BARCELONA, os días 11, 12 e 13 de xullo.

Se alguén ten ocasión de ir por alí é algo digno, non de ver, senón de PARTICIPAR, debuxando polas preciosas rúas da capital catalana.

Aquí está o programa do simposio, e roteiros e horarios das quedadas

http://bcn2013.urbansketchers.org/

Se queres recibir informacións puntuais sobre o evento no teu email, pincha AQUÍ

E AQUÍ podedes saber máis cosas, manifesto incluído, do movemento URBAN SKETCHERS.

Hai grupos de URBAN SKETCHERS xa en centos de cidades e vilas do mundo enteiro...A Estrada aínda non ten formalmente grupo, pero...moi pronto o vai ter...



Imaxen do segundo simposio USK, en LISBOA.