Mostrando entradas con la etiqueta mural. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mural. Mostrar todas las entradas

domingo, 5 de noviembre de 2017

a maqueta da estrada e o mural das nadadoras

En primeiro de artes, na materia de VOLUME, seguimos a facer a maqueta do Concello. Agora xa temos un bo trozo, no que pegamos as curvas topográficas impresas, para situar con exactitude as estradas, camiños, altitudes e aldeas e vilas.
Aínda hai moito que facer, para rematar esta construción tridimensional antes do fin do primeiro trimestre.
As dimensións finais serán de 2,80 cm de alto por 2,45 de ancho, polo que teremos que facela en dúas pezas e ensamblalas fóra da aula.




E as alumnas de segundo de ARTES están a facer algo un pouco máis descansado, ainda que pasando algo máis de frío, no "patio neveira", concretamente na parede do ximnasio.
Representaron, nun mural, unhas figuras femeninas practicando natación sincronizada, con axuda de imaxes sacadas da rede. Aquí tedes imaxes do proceso...






jueves, 17 de marzo de 2016

O MURO DA CREATIVIDADE

Este 16 de marzo, os alumnos de 2º Bac de Artes terminaron un mural, feito coa técnica de estarcido, na parede do CEIP Pérez Viondi, un muro que foi antes pintado polo colectivo cultural A Estación, e que nós complementamos con este estarcido, deseñado por Natalia Liste, e no que todos os alumnos de Bac de Artes traballaron no proceso e pintado final.
Antía, Alba e Alex traballaron por partida doble, xa que eles tamén formaron parte do colectivo que, previamente, traballou na parede, eliminando "pintadas" e suciedades varias, estampando unhas frases que poñen en valor a creatividade nas aulas, algo desgraciadamente en desuso, e do que moitas veces son máis conscientes nas primeiras etapas do ensino.
O traballo foi organizado polos equipos de normalización lingüística dos dous centros, o IES García Barros, e o CEIP Pérez Viondi.
No proceso sacamos unha serie de fotos na que Uxía López fixo de modelo, representando unha nena que soplaba una "máquina de burbullas". Como Uxía xa non é unha rapariga, tivemos que posterizar a imaxen, despóis de aumentarlle considerablemente o tamaño da cabeza, para que parecera unha nena de uns oito anos. Esta rapaza, na imaxen, estaba subida a unha pila de libros, dende a que soplaba, facendo saír as pompas de xabrón, pintadas en cores.
Tivemos que traballar a máscara de estarcido na nosa propia aula, e o día de autos realizamos o pegado da mesma, e o pintado con sprays.
A colaboración de ilustres exalumnos, Brais Cajide e Carlos López, tanto no proceso como na inxesta dos bocadillos con que o CEIP nos premiou, foi fundamental.
O resultado, xa vedes, será o inicio de unha boa amizade pictórica entre estes dous centros, hermanados por tantos alumnos, que lembran con cariño as vivencias de infancia entre as paredes do CEIP, agora tuneadas por eles mesmos.



miércoles, 25 de febrero de 2015

MIRA

Os alumnos de 1ºBac de artes deseñaron e pintaron un mural no marco da porta de entrada ao corredor principal da planta baixa.
A autora do deseño é Natalia Liste, e debuxaron e pintaron a totalidade dos alumnos do curso.
Para estampalo na parede, primeiro fotografiouse unha imaxen dunhas mans (as de Silvia Monteagudo, immortalizadas xa para moitos anos na parede), que despois foron debuxadas mediante a proxeción da foto, nun papel grande . Con axuda dese papel, fíxose o debuxo no pano da porta, e despois pintouse con pintura plástica, lápis composto e ceras.
As imaxes que vedes aquí son do proceso (aínda non rematado) de traballo.

O deseño de Natalia representa unhas mans que premen o botón dunha cámara de fotos (ou móvil) no momento en que o espectador pasa baixo a porta. Nun inxenioso xogo de espellos, convirten a visión enmarcada polo cadro da porta, dende o punto de vista do que observa, nun xigantesco monitor de cámara, que fai consciente ao espectador do encadre da imaxen que está a ver, unha imaxen visual que posiblemente vexa a diario e (na meirande parte dos espectadores) ao longo de  moitos anos. O encadre consciente que provocan estas mans de seguro que farán que reparedes en cousas do corredor nas que antes non vos tiñades fixado: a altura da liña de azulexos, a cantidades de tubos de neón que percorren o pasillo, o número e frecuencia de xanelas...
Estamos tan afeitos a ver dentro dunha pantalla, que as veces esta "enmarcación", este encadre, que dalgún xeito, procesa e selecciona as miles de imaxes e posibles encadres que vemos ao día, é o que nos fai deter a nosa atención en detalles, o que supón unha escolma dos millóns de estímulos visuais que recibimos cada día.
Natalia, sabendoo, ou sen sabelo, que máis ten, conseguiu, con esta pequena pero inmensa aportación ao deseño (que non á "decoración" do centro), que moitos dos que estades cheos de velo a diario, agora o MIREDES, o percibades mellor.
Todos os días vemos moitas cosas, algunhas durante moitos anos, pero moitas veces, non reparamos nelas nin tan sequera nos detalles máis evidentes...¿alguén sabería decir de que cor é o marco a porta da súa casa?...¿de qué cor son os buzóns onde recolle o correo?, ¿cara onde saen os tubos dos radioadores da súa habitación, a súa clase ou o baño onde un se lava a diario?...
Quizáis unha das cousas máis importantes que un ten que aprender (e que aprende no bacharelato de artes ou en plástica), e que desgrazadamente moitos quedan sen aprender...e a MIRAR. Todos nos vemos, pero poucos nos MIRAMOS.
Se hoxe chegas a casa, te tomas o tempo de debuxar a túa nai, teu pai, teu irmán, o teu mozo uo moza...o teu can...descubrirás que facía tempo que non o mirabas, se é que algunha vez o fixeches de verdade...e coñeceralo un pouco mellor...


Fai a proba






jueves, 16 de octubre de 2014

O MURAL PARA O CEIP O FOXO, LISTO PARA COLGAR

Os alumnos de 2º xa remataron o traballo, o de deseñar e pintar o mural para a PINACOTECA dop CEIP de O Foxo...Un traballo colectivo que inclueu deseño, fotografía, estarcido e pintura...Nós xa fixemos o noso, agora queda o máis importante....que o mural colgue na parede do Colexio e todos o poidan ver...













sábado, 27 de septiembre de 2014

VÍDEO DA REALIZACIÓN DO MURAL NA ESCOLA ELFOS

Eis o vídeo que mostra parte do proceso de realización do mural por parte dos alumnos/as de 2º de Bacharelato de Artes Plásticas do curso pasado. Temos que agradecer á Escola Infantil Elfos da Estrada o tratamento, sempre acolledor, e a atención recibida.



EMPEZAMOS BEN O CURSO

A escola infantil ELFOS de A Estrada fíxonos un bo regalo, en correspondencia polo traballo do MURAL que os nosos exalumnos pintaron o ano pasado.
Chegounos unha caixa con pinturas, pinceis, papeis para collage, e cousas para traballar durante este curso.
GRAZAS MIL !!











viernes, 6 de junio de 2014

ENCARGO DE MURAL NO CEIP O FOXO

Para comezo do vindeiro ano escolar, os alumnos que para entón estean no 2º curso do bac. de artes plásticas (ou eso agardamos), comezarán o curso pisando forte, debuxando e pintando en gran formato, e nun lugar inmellorable e único: a "pinacoteca" de CEIP do Foxo.
Alá iremos o vindeiro día 11 de xuño, invitados polo propio centro, e seremos recibidos pola directora e por Xosé Luna, mestre, editor e impulsor dunha iniciativa máis que interesante: no citado colexio, artistas da zona pintan cada ano un mural de dous por tres metros. O mural de cada ano serve de base para o deseño corporativo dese ano escolar no centro: calendarios, libros, separapáxinas, etc, etc...
Para o curso 2014 2015 queren que sexan os alumnos do bacharelato de artes do MGB os que lles enchan un anaco da súa parede de cor.
Así que iremos todos ese mércores 11 de xuño, o vindeiro, a recoñecer o terreo, que os nosos alumnos vexan o que lles espera...e tamén que coñezan aos rapaces de 6º de primaria do Foxo, aos que dalgún xeito terán que integrar no traballo que van facer, que aínda está por inventar...

Que o verán lles traia moitas ideas...