Bitácora do Bacharelato de Artes, Educación Plástica e Audiovisual do IES Manuel García Barros de A Estrada.
lunes, 2 de mayo de 2016
CAMARAESCUREANDO POR VEZ PRIMEIRA
Pronto sumaránse outros alumnos (agora ocupados ca ORLA de 2º BAC) de 4º curso, pero como aperitivo, aquí tedes as fotos de Alba Piso, Antía Castro, Eva Dapena, Ivette Cabrera, Diego García, Alicia González, Mara Muñoz, Iván Nogueira, Daniel Rey, Miguel Sueiro e José Zamar
martes, 23 de abril de 2013
OS ALUMNOS DE CUARTO E AS FOTOS DE CÁMARA ESTENOPEICA.
Facer unha cámara escura é moi fácil: só é preciso ter unha caixa ou bote, cartulina negra, papel albal, un alfiler...e para facer e revelar as fotos, papel fotográfico, e os líquidos (revelador e fixador) necesarios para facer visible e fixar a imaxen.
Nada que non poda facer calquera...pero poucos con tranta gracia como os alumnos e alumnas de 4º ESO.
Aquí temos unha boa mostra das súas primeiras fotos. Como primeiras que son, algunhas saíron mellor que outras, pero é cuestión de práctica que todas acaben lucindo como recén saídas dunha NIKON...
Andrea Barreiro, Vanessa Domínguez, Sarai Louzao, Soraya Domínguez, Carla Penas, Andrea Souto e Tania Barral son as autoras destas fotos. As primeiras pero non as últimas....
martes, 4 de octubre de 2011
IMAXES DE LUZ E CARTÓN
As posibilidades estéticas que se poden obter con esta forma de facer fotos son enormes: os tempos de obturación longos, a infinita profundidade de campo...e por suposto, o feito de facelas en grupo, fai que as ideas se multipliquen, e cada día de traballo sexa mellor que o anterior.Non hai tempo para facer moitas, pero algunhas son boas, moi boas: aquí temos algúns exemplos...fotos de Diego Fernández, Rosa Neira, Iago Fernández, Marta Quinteiro, Fátima Maquieira e Paula Pájaro









Hai moitos artistas que utilizan a cámara escura, e incluso moitos que SÓ utilizan a cámara escura como medio de expresión.
A fotografía convírtese, nas súas imaxes, non nunha pegada da realidade na que se busca a verosimilitude, senón nunha linguaxe artística propia que reflexiona, nun interesante xogo metalinguístico, co propio medio.
Como exemplos, as fotografías de Abelardo Morell, que retrata cunha cámara escura cidades do mundo DENDE as habitacións de hoteis, á súa vez convertidos en cámaras escuras mediante un buraco na fiestra.
Tamén interesante é o proxecto de Patricia Durillo e Jerome González, no que do mesmo xeito (unha cámara escura dentro doutra) retratan a súa propia intimidade.
E no menos curiosas son as imaxes que nos mostrou a alumna Alba Novoa, do fotógrafo Justin Quinell, que mete unha cámara escura dentro da súa boca e retrata o seu mundo dende alí...






















