Mostrando entradas con la etiqueta animacion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animacion. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de diciembre de 2011

THOUGHT OF YOU, curtametraxe de animación 2d de Ryan Woodward



Nestes tempos nos que cando un oe falar de ANIMACIÓN todo o mundo asocia o concepto a 3d e a inxeniería óptica e fogos de artificio visuais e sonoros (o cal non ten nada de malo sempre que a historia que conten sexa boa e estea ben contada), parece un sopro de aire fresco ver algo SINXELO, feito coa técnica máis tradicional de animación, e con dúas ferramentas que sempre foron (e seguen a ser, por moitas gafas binoculares que se fabriquen) o CORPO HUMANO e O LÁPIS.
Cando a técnica é sinxela e non abraiante por si mesma é cando saen a relucir os verdadeiros talentos, a xente que é capaz de facer maxia, de facer sentir algo ao espectador, de usar con intelixencia e simplicidade a narrativa visual.

Ryan Woodwart é un deses artistas que non por non ser de moita sona é menos interesante.
A súa curta Thought of you forma parte dun longo proxecto chamado CONTE ANIMATED, que podedes seguir (ademáis de no enlace) na súa páxina de facebook.


De todas maneiras, como sei que hai xente moi sensible nas aulas do MGB, e sei que despois de ver esta curta algun(ha) xa estará chorando, non vou pechar esta entrada sin outra curta, máis gamberra e para botar unhas risas, aínda máis curta e aínda máis sinxela, onde o lápis é tamén protagonista, como o é o inxenio do autor...
Qué grande e afíada arma pode ser un lápis!!


miércoles, 7 de diciembre de 2011

BLU, O XENIO DO STREET ART

Mentres os Gobernos estragan centos de millóns de euros en contenedores de arte, en museos de artes contemporáneas e en cultura domesticada, moitos artistas usan a rúa como un xigantesco lenzo no que deixar voar a inmensa creatividade que o mesmo latexo da cidade provoca.
Artitas en moitos casos indómitos, inasimilables ao sistema, nin a cirtuitos artísticos oficiais, esvaradizos e esquivos, que fan un arte non a gloria de si mesmos (porque nalgúns casos ninguén os coñece) senón a gloria do mesmo acto de crear, do disfrute do acto vivo e puro da creación libre.
Nestos tempos de arte e cultura institucionalizada, aburrida, amordazada e políticamente correcta, feita baixo o sistema do pau e a cenoura, artistas como Bansky ou como Blur son un soplo de aire fresco, artistas que fan pensar que as artes nunca morren, que non está todo inventado, e que a creatividade das persoas é infinita e sempre será o motor que move o mundo.
Se BLU non é un xenio, non sei quen pode selo...





Este artista reinventa o concepto de Stop Motion, e relaciónao co arte da rúa, o graffiti e o debuxo..
Podemos ver neste ENLACE un interesantísimo vídeo acelerado do proceso de realización do TIBURÓN do Carmel, en Barcelona, e neste outro ENLACE a web deste artista, na que podemos pasar horas coa boca aberta.
Máis exemplos de artistas urbanos neste outro ENLACE.