Mostrando entradas con la etiqueta carlos jose rodriguez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta carlos jose rodriguez. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de marzo de 2013

PERSEGUINDO SOMBRAS



Estes días estivemos debuxando SOMBRAS, estudiando como inciden nos obxectos, como se comporta a luz (e consecuentemente, as sombras -propias e arroxadas-) nos diferentes casos que se poden dar: luz de sol e luz artificial puntual, co foco por diante ou por detrás do espectador.

Aproveitamos ben un dos poucos días de sol que tivemos ata o de agora na Estrada, para debuxar as sombras da entrada no MGB, coa luz da mañán incidindo sobre ela.

Hai moita información nos libros e tamén na web sobre como podemos debuxar e representar con exactititude e precisión as SOMBRAS:

AQUÍ, AQUÍ, AQUÍAQUÍ e AQUÍ, por exemplo...
E AQUÍ podemos ver algúns impresionantes traballos de sombreado a tinta opaca do arquitecto Frank LLoyd Wright

Aínda que para aprender a facelo, aínda mellor que un libro e poñerse directamente mans á obra, a debuxar...







sábado, 26 de enero de 2013

SILLÓNS DE CARTÓN





A imprenta C.A.Gráfica, que imprimiu a revista PREBE, e que tamén se adica ao PACKAGING, regalounos unha morea de caixas, todas do mesmo formato: 60x30x20.
Usándoas como módulo, e tamén na asignatura de DESEÑO, ideamos estes SILLÓNS de cartón, que irán recheos dos papeis que se tiran durante o curso, facendo así unha labor de reciclaxe.
Temos dous modelos, un tresillo de 3 plazas e outro de dous, feitos con 12 e 16 caixas respectivamente, e asentados en 4 pallets.
Aínda non está claro que o deseño da biblioteca, (e dos sillóns que aquí vedes) poida levarse á realidade, xa que teñen que ten que dar o visto bo as supremas autoridades do MGB e da biblioteca, pero se é así, algún día vos sentaredes nestes sillóns (nós xa o fixemos)...e son moi cómodos.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

DAME UN PLANO E EU MOVEREI O MUNDO

Os alumnos de 3ºB e C da ESO andan facendo un interesante traballo.





Os de TERCEIRO B desempolvaron (e actualizaron) os PLANOS do instituto, alzados e plantas do baixo, primer e segundo andar, para CONSTRUIR unhas MAQUETAS do MGB, escala 1:100, nas que poderemos ver en tres dimensións e cen veces máis pequeno o noso centro, o lugar onde pasamos horas e días, anos das nosas vidas...
Armados de cartón pluma, cola e moito ollo, á volta de Nadal (alá por finais de xaneiro) amosarannos o resultado do seu traballo, xa iniciado está semana.
Aníbal Comesaña e Manuel Vilar xa empezaron a levantar os minimuros do primeiro andar, o mesmo no que eles están a facer o traballo.


Non é un traballo doado, tendo en conta que os planos orixinais do centro datan de fai tres décadas, e hai que actualizar antes de "levantar" as paredes eses planos coas ampliacións que se fixeron nos últimos anos, e coa nova distribución de aulas e espazos.

As MAQUETAS de pisos, vivendas ou espazos habitables en xeral son unha ponte entre os SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN (sistema diédrico neste caso) e a construción tridimensional real, que adoita ser a finalidade deste planos.
É unha boa maneira de que clientes (compradores de pisos, ou usuarios de edificios -coma neste caso o instituto-) poidan facerse unha idea clara das dimensións, distribución e forma do edificio.
A representación tridimensional que é unha maqueta require unha menor preparación e coñecemento que un plano diédrico (planta e alzado) e permite que todo o mundo poida entender claramente o espazo, que en dibuxo esté representado de xeito máis abstracto.
Hoxe, moitas maquetas xa non se fan físicamente, senón dixitalmente, para ser vistas a modo de RENDERS, animados ou fixos, en pantallas.
Como exemplo podemos ver estos renderizados de O MAS C, arquitectos composteláns.


Esta maqueta 3d fíxose para a rehabilitación de un piso en Segovia.
Podemos ver neste ENLACE o estado actual (cando se fixo o proxecto de rehabilitación e reforma) do piso, os planos (plantas) do proxecto, e os RENDERS do piso coa reforma feita, que, como vemos na imaxe, son moi reais, ata o punto de que poden ser confundidos con fotografías.
De todas maneiras, convén ter en conta que, aínda que sexa máis aburrido para a vista, non hai nada máis exacto e matemático que un plano diédrico, coas súas medidas ben claras.


Mentres, os alumnos de TERCEIRO C, encabezados por Adrián Ferreiro,  Jesús Bascuas e Nicolás González, que xa se puxeron mans na masa, están a facer un traballo similar, outra maqueta, pero de algo moito máis grande que o noso instituto: o Concello de A Estrada.
Cada un dos alumnos da clase collerá un fragmento da folla 121 do ALMACÉN DE MAPAS DO SITGA (Sistema de Información Territorial de Galicia), que poden descargarse gratuitamente.
Como vemos no enlace, a folla 121 é a que corresponde a meirande parte do Concello de A Estrada.
A cidade de A Estrada e capital do Concello pode verse nas follas 121-81 e 121-71.
Nesta última podemos ver nítidamente o noso instituto (recoméndase velo no PDF do enlace, esto só é unha  imaxen a baixa calidade)


Podemos ver que estes planos non son exactamente debuxos diédricos, como os planos dos pisos, senón PLANOS TOPOGRÁFICOS, nos que as medidas de altura (COTAS) veñen representadas numéricamente na propia planta, non nun alzado aparte.
Son representacións ideais para superficies MOI GRANDES; concellos, estados, grandes territorios...nas que o que se pretenda representar é O RELIEVE da terra nese terreno, cos seus accidentes xeográficos correspondentes, ríos, montes, e incluso superficies baixo o mar (fondos), accidentes con cota negativa (ou sexa, por debaixo de CERO, que é o nivel do mar). Nestes fondos, os relieves e accidentes xeográficos tamén se representan por medio de liñas, só que estas liñas van en número CRECENTE canto máis abaixo chegan (ao revés que as ISOCOTAS) e se chaman LIÑAS ISOBÁTICAS.



O que van facer os alumnos, armados con cartóns de caixas, pegamento e paciencia, vai ser RECORTAR as isocotas das diferentes alturas por separado, e ir formando por superposición as montañas que se representan no mapa, formando os RELIEVES do plano, pero de xeito TRIDIMENSIONAL.
A escala dos mapas é moito máis reducida que a dos planos do instituto, obviamente, é de 1: 5000.
Iso quere dicir que nos planos do instituto, escala 1: 100 unha representación de unha persoa sería perfectamente visible (mediría máis de un centímetro - de feito ao rematar estas maquetas meteremos representacións de persoas en forma de bonequiños-), pero no caso dos mapas topográficos escala 1: 5000 unha persoa de metro oitenta mediría 3 centésimas e media de centímetro...demasiado para o noso ollo...

As maquetas resultantes do terreno, neste caso do Concello son moi útiles para visualizar, sen coñecementos previos de representación nin topografía, os accidentes do terreno.
Son maquetas ideais para trazar RUTAS, observar e entender relieves, planificar desmontes ou camiños, ou simplemente facernos unha idea de cómo é o noso país dende arriba sen ter que coller un avión.
Como no caso anterior, hoxe en día estas maquetas tamén poden facerse con renderizados en 3d. De feito GOOGLE xa ten aplicacións cas que se poden visualizar territorios moi nitidamente en 3 dimensións (o Google Earth).
Nesta imaxen, por exemplo, podemos ver o render 3d da cidade de Santiago visible no Google Earth, no que se aprecian os accidentes montañosos e mais algúns edificios (no caso de Galicia hai renderizados poucos)


Google Earth é unha aplicación gratuita, e moi interesante para este tipo de visualizacións.
Podemos "flipar" con recreacións 3d máis completas, e totalmente manexables, como esta vista de Nova Iork (non é unha imaxen fotográfica, é totalmente 3d)


Ou esta vista dende a punta da antena de Notre Damme, en París


Aquí temos unha MAQUETA tridimensional do Concello de Touro, feita tamén fai anos polos alumnos dese centro, de terceiro da ESO.



é curioso que o río que bordea e limita o Concello de Touro, o ULLA, é tamén límite do noso Concello de A Estrada, e tamén límite da nosa Provincia de Pontevedra, ca de A Coruña.


Aquí embaixo, o PLANO topográfico do que partimos para facer esta traballo a vinte mans...



Tamén podemos ver nesta imaxen algunhas das maquetas que alumnos da ESO do CPI de Touro fixeron hai anos, tamén a escala 1: 100, do seu Centro




Aquí uns exemplos moi gráficos, unhas maquetas profesionais feitas por  arquitectos, na que poden observarse con toda nitidez as diferentes capas de terreno correspondentes a diferentes cotas, sacadas dun plano topográfico.



A maqueta de arriba,do chan escuro foi o proxecto para o Pazo de congresos de Arrecife, en Lanzarote, feito fai dez anos...
gustaríanos podervos mostrar o edificio tarminado, pero, cousas deste país, o estado actaul do proxecto é este...



En fín, pasemos a outro tema, para rematar...porque agora ven o POSTRE e o PLATO FORTE....os alumnos de 2º de BAC de ARTES tamén andan con planos e maquetas, pero o seu traballo é moito máis comprometido e creativo...non van levantar maquetas de algo que xa exista, senon que van FACER ELES o proxecto de REMODELACIÓN DA MEGABIBLIOTECA do MGB.
Comezamos por facer unha ENCUESTA, para observar as necesidades, satisfeitas ou frustradas, dos usuarios da biblioteca (vós), e en base ao que vexamos, REDISEÑAR a biblioteca axustándonos ao presuposto do que dispoñenos (que é pouco, uns 2000 euros).
Un traballo, sen dúbida, apaixoante e complexo.
Xa estamos a facer maquetas e estudos visuais, tanto en 3d virtual como físicamente (con cartón pluma) para estudiar o espazo e as posibilidades que plantexa.
AGRADÉCESE CALQUERA SUXERENCIA. O que saia de aquí vai ser para TODOS, así que a opinión de TODOS, (dende os máis nenos ata os pais, nais, profesores)... é moi importante.

Este é o PLANO do estado actual da biblioteca




Así é como é agora...xa veremos cómo será de aquí a tres meses, cando este traballo dos alumnos de DESEÑO estea rematado...

Este é o CUESTIONARIO que fixemos a algúns dos usuarios da BIBLIOTECA...se queres colaborar, IMPRÍMEO, éncheo e entrégao a algún dos alumnos de 2º BAC artes (Miguel Baliño, Andrés Nodar, Alberto Barros, Marta Balo, Adrián Picallo, Rubén Iglesias, Alba Rodríguez, Adrián González, Carlos José Rodríguez, Alex Mosteiro)











domingo, 28 de octubre de 2012

DEBUXANDO NOS PASILLOS

Os pasillos do MGB son moi grandes....máis que algunhas aulas...e claro, no bacharelato de artes decatámonos da súa ulitidade

OS LOGOS DE PREBE E DO BACHARELATO DE ARTES


O novo LOGOTIPO para a nosa revista PREBE, que sairá en breve, é este, deseñado por Marta Balo e Carlos José Rodriguez, na asignatura de DESEÑO. Aínda temos que perfecionalo un pouco, pero será o encabezamento da revista que pronto teredes nas mans



E o LOGOTIPO e imaxen corporativa do noso BACHARELATO DE ARTES será este, deseñado por Alba Rodriguez e Adrián González, que tamén, despois de perfecionalo un pouco coa axuda do ordenador, será a base do MANUAL DE IDENTIDADE CORPORATIVA que será a base da nosa imaxen no sucesivo.



Tivemos algunha avaría nas encuestas, pero agora tamén podedes votar polo logo que máis vos gusta para o MGB, na encuesta da dereita


jueves, 4 de octubre de 2012

LOGOTIPOS PARA A REVISTA PREBE

O logo de PREBE será un destes. Elixe na encuesta o que máis che guste. O deseño será perfecionado e vectorizado por ordenador.
Tede en conta ao votar que é un LOGO que aparecerá case sempre insertado nunha portada, co cal a SINXELEZA ten que ser máxima, para non interferir nas imaxes ou deseños do fondo de cada portada

1



2





3


4

5

6



martes, 31 de enero de 2012

Es CULTURA

En primeiro e segundo do bacharelato artístico montamos un obradoiro de modelado, que non vai durar moito, pero que servirá para que os alumnos teñan uns coñecementos básicos desta materia, que aínda non se oferta dentro do bacharelato de artes no MGB, pero que o fará nun futuro.

O modelado pode considerarse tamén como unha parte, canto menos complementaria, da materia de DEBUXO, en tanto que, se temos como obxetivo a REPRESENTACIÓN ou interpretación da realidade, e o debuxo supón un cambio dimensional (das 3d da realidade as 2d do papel ou da pantalla), o modelado e a escultura son unha especie de paso intermedio, xa que conserva a tridimensionalidade do que vemos no seu papel representativo, e axuda despois á hora de OBSERVAR a realidade e descodificar esa tridimensionalidade e convertila en algo plano, cun volumen ficticio.

Neste obradoiro estamos a facer todo tipo de cousas: primeiro, vendo que o modelado non é só a manipulación de barros ou arcillas: pódese modelar con papel de periódico e cinta de embalar, con material reciclado, con plástico, con porexpan, ou con materiais duros como madera ou pedra (aínda que neste caso as nosas mans precisarán a axuda de ferramentas)


Aqií, por exemplo, temos un brazo feito con papel e cinta. Para endurecelo poderiamos usar vendas de escaiola, cemento, poliester con fibra de vidro, etc...


Nestas outras imaxes podemos ver aos alumnos de PRIMEIRO traballando arreo na arcilla, xa sexa da que necesita cocción ou da sintética, que endurece ao aire, e pódese usar sin necesidade de cocer.
A finalidade de cocer os obxetos é que se poidan usar para cocinar ou comer, polo que en obxetos que non se van mollar ou usar como pratos para comer, poderíamos usar barro normal barnizado.



 Na imaxen de arriba temos a Rubén, ao que vemos tamén abaixo, nun plano máis aberto

 Aquí temos tamén a Miguel, Alejandro eAndrés


 E de Andrés vemos tamén un plano máis cercano



Abaixo vemos as mans de Carlos traballando nun borralleiro



Traballos en proceso


Adrián Picallo tamén en pleno traballo



 E outro borralleiro e un interesante colgante de Alberto Barros antes, durante e despois do proceso de barnizado






De Alba Rodriguez temos este exemplo de BALEIRADO: esto é unha técnica que permite reproducir en serie unha escultura mediante un proceso intermedio: facer un molde ou negativo da figura.
Neste caso a figura inicial (destinada a perderse) fíxose en barro, o molde en SILICONA, e as copias en escaiola


Tamén aquí podemos ver exemplo de borralleiros de Marta Balo e Paula Pájaro modelados directamente da escaiola, o que tamén require ferramentas




E outra forma de facer BALEIRADOS, pero xa non dunha escultura senón da realidade mesma, é o ALGINATO. Composto de uso médico, para moldes de odontoloxía, é un composto inocuo que pode ser usado para reproducir partes do corpo cunha precisión impresionante.


Estas son as mans de Marta Quinteiro, Alba Rodriguez e a de Mariano,
O problema dos moldes de arginato é que non permiten a seriación, son de un só uso, xa que é un material tan fino como perecedeiro, unha vez mesturado con auga.
O proceso de moldeado e desmoldeado débese facer con rapidez e precisión, xa que o tempo de fraguado é de dous minutos e medio.