Mostrando entradas con la etiqueta orla. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta orla. Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de junio de 2017

ORLA fín de Bacharelato dos alumnos de Artes Plásticas!!!

Aquí está a orla dos alumnos que cursaron o Bacharelato de Artes Plásticas entre 2015 e 2017... Por orden de aparición Ariadna, Laura, Brais, Jessica, Diego (editor da orla), María Villamor, Paula, Sergio, María Brea, Miguel, Jennifer, Guillermo, Julia, Yábsera, Evelyn, Nuria e Noelia.
Todos colaboraron no traballo fotográfico, e no deseño. Que pasedes tan bo verán como o que mostra esta imaxen, que pronto colgará na aula de Debuxo Artístico, e teñades moita sorte nesta etapa que comeza...Ata sempre!!




viernes, 27 de mayo de 2016

ORLA DE SEGUNDO DE BACHARELATO. 2016



Aquí está a ORLA de fin de bacharelato de 2016, con fotografías dos alumnos de 4º ESO Anxo Lale, Andrea Agra, Ainhoa Vivel, Ainoa Míguez, Lucía Dios, María López e Lía Pérez.
O tamaño da imaxen permite imprimila nun formato ata A4 (o que ten a orla que vos deron no acto de despedida). Se a queredes imprimir a un formato máis grande, podedes descargar tamén a orla en PDF premendo AQUÍ.
E tamén podes descargar a imaxen do SOBRE en PDF.
Que teñades moita sorte en todo o que fagades a partir de agora, e que pasedes un bo verán.
Ata a vista!



miércoles, 27 de abril de 2016

ORLA EN MARCHA

Os alumnos de E.Plástica de 4º A+C ESO están co tema da fotografía.
Precisamente en medio das explicacións iniciais, e a toma de contacto co laboratorio e demáis, xurdeu a posibilidade de que os alumnos se encargaran de facer as fotografías da orla (como sempre debería ser, todo hai que dicilo), e estos alumnos lanzáronse a aventura, creando un set de fotografiado, e dividindo as tarefas para facer un boísimo traballo de retratado dos seus compas de 2º bac, que se prolongará ata o venres.
Para mostra, aquí tedes estas imaxes. Os responsables de este magnífico traballo son e serán María, Anxo, Lía, as dúas Ainhoas, Lucía, Andrea...Lía tamén fixo uns disparos para unhas posibles imaxes de recurso para a orla, uns contrapicados de alumnos de 2º BAC festexando o fín da súa "condena" no MGB. Arriscou o seu físico, pero saíu ilesa do trance e fixo unhas boísimas fotos...







sábado, 5 de noviembre de 2011

AS ORLAS TAMÉN TEÑEN making of









Os alumnos de segundo de bacharelato de artes plásticas, que este ano rematarán sendo a primeira promoción do MGB, fan honra ao seu nome e están inmersos na elaboración da súa ORLA de fín de estudos, que promete ser espectacular, e romper con todo o que teñades visto no esncorsetado mundo da orla...
Segundo unha idea de Lorena Rozados, e con Paula Pájaro ao disparador, a cousa xa está en marcha, como podedes ver...
Aquí tedes as fotos do making of...pero o mellor, a orla, aínda está por chegar...preparádevos...