Mostrando entradas con la etiqueta volume. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta volume. Mostrar todas las entradas

domingo, 21 de enero de 2018

MODELANDO CON CABECIÑA

No taller de VOLUME en primeiro BAC de artes estamos a facer modelado con moita cabeza. Moitas e con moito peso: Rosalind Franklin, Castelao, Patti Smith...e outras ilustres cabezas que fixeron máis grande o mundo da ciencia, das artes, das humanidades...
O primeiro paso é facer unha estrutura sólida para que podamos proceder ao modelado sin que o barro pese moito e se desmorone.
Con madeira, papel, parafusos e malla de galiñeiro, facemos unhas formas básicas das cabezas dos elexidos, nas que iremos pousando o barro para despóis modelar.
A esto seguirá o baleirado en escaiola das pezas, e o positivado definitivo en espuma de poliuretano, xa que o resultado ten que ser moi lixeiro, posto que se vai pendurar na parede do primeiro andar, xunto coas lendas que expliquen o que fixeron estas personas, aportacións que sempre os manterán vivos na nosa memoria, a memoria desa cabeza colectiva que é a humanidade.












sábado, 2 de diciembre de 2017

A nosa maqueta

Xa está case rematada a maqueta topográfica feita polos alumnos de volume de 1º Bac.
Un traballo moi elaborado, no que os alumnos foron recortando planchas de cartón seguindo as isocotas ou liñas topográficas dos mapas baixados do Instituto Xeográfico Nacional (poden baixarse gratuitamente).
Formando pequenos grupos de traballo foron calcando sobre o cartón as "lonchas" de terreno que formaban esas isocotas nos mapas topográficos, recortándoas e pegándoas unha enriba da outra sucesivamente.
É dicir, básicamente o que fixemos foi darlle VOLUME, tridimensionalidade e relieve ao mapa topográfico do noso (grande, moi grande) concello.
Sobre os relieves pegamos os propios mapas topográficos, para ter máis precisión á hora de debuxar carreteras, accidentes xeográficos e cotas verticais.
O territorio do noso concello, marcado polos ríos Umia e Liñares, e coroado polo ULLA, que fai de frontera cos concellos da provincia veciña, Coruña, faise agora máis visible e comprensible ante os nosos ollos, e agardamos que ante os de todos os que pasedes a partires de agora ante a maqueta.

O proceso de traballo foi pesado e laborioso, aínda que as distintas etapas polas que pasamos o fixeron agradecido. Sen dúbida a parte máis pesada foi a de cortar e pegar as láminas de cartón, etapa que comezou alá polo mes de setembro, a principios de trimestre.
Aquí temos nas imaxes a Mario, Alex e Xián cun dos sectores que lles tocou en "sorte"








Pero antes tivemos que baixar os mapas topográficos das páxinas do ITN e da Xunta.
Podemos ver o mapa topográfico de todo o estado NESTE ENLACE, e para DESCARGAR os mapas da base topográfica do IGN poderemos facelo por FOLLAS (como fixemos nós) ou por concellos e outras divisións administrativas.
Estas son as follas nas que se divide a efectos topográficos o territorio nacional:



Se facemos zoom sobre a imaxe veremos que o concello no que estamos ocupa parte das follas 120, 121 e 153, así que deberemos ir a esas páxinas para descargar o que precisemos para comezar a construción da maqueta..
Teremos que ter en conta que as follas están á súa vez subdivididas en 64 sectores (oito filas e oito columnas), e o concello ocupará so algún deses sectores.
Aquío temos un exemplo, o SECTOR 54 da páxina 121. Nesta numeración (que pode variar segundo o ano ao que pertenza o estudo topográfico, os números 5 e 4 do 54 corresponden á colmna e á fila respectivamente na que se encadra a zona escollida.
Na ampliación da lenda do mapa pódese localizar visulmente de esquerda a dereita a folla no mapa, o sector na folla, e tamén aparece a ESCALA.
A escala é un concepto relativo, xa que os mapas pódense imprimir en diferentes tamaños.
Nós imprimimos os sectores a tamaño A3 (42x29 cts).




O tamaño resultante da nosa maqueta foi aproximadamente de 2,80 metros por 2,45 (alto x ancho).





Esa mesma distancia na realidade, como podemos calcular no google maps, é duns 23 kmts, ou sexa que a escala de redución da nosa maqueta é de 1/8214 . Cada centímetro, pois, na maqueta equivale a uns 82 metros





Volvendo ao traballo na aula, os equipos de alumnos foron rematando o "levantamento" a escala dos sectores correspondentes ao concello. Despois houbo que ensamblalos.
Para que o pegado fora firme e duradeiro, botamos man da cola de carpinteiro. Tamén de papel hixiénico, para darlle continuidade á forma dos valles e montañas nos espazos intermedios sen que se notaran escalóns.
Aquí temos a Marcos, Andrea e Jesús ensamblando algunhas pezas, e xa PEGANDO os mapas togpográficos dos sectores correspondentes enriba dos cartóns.
O pegado destes mapas non so nos fixo máis sinxelo a posterior marca de pobos, vilas, aldeas, estradas e accidentes xeográficos, senón que ademáis axudou a APLANAR a maqueta e facer pouco visible o aspecto "escalonado" resultante dos cartóns superpostos.





Agora veu un das partes máis agradecidas, e que aínda está en marcha, que é o pintado da maqueta, poñendo todas as cousas que teñen que estar nela, comezando polo noso IES (a ver se o atopades).
Seguindo o esquema visual dos propios planos topográficos nos que nos baseamos, pintamos os ríos de azul, o territorio de ocre (verde para zonas forestais) e a pegada humana (construcións) en tonos vermellos (estradas en laranxa).
Poemos ver nas imaxes a moitos dos alumnos facendo este traballo, que esixe boa vista e o apoio dos planos do concello que tiñamos impresos algo máis pequeños (sectores en follas a4 en vez de a3). Por sorte, Jaqueline, a quen vemos nas imaxes, trouxo unha lupa que fixo máis doada (se se pode chamar así) a cousa.
Vemos tamén a Jennifer, Daniel, Borja, Mario, Jesús, Alba...aínda que este é un traballo no que participaron todos, en maior ou menor medida.










É importante destacar que a maqueta tivo que facerse en DOUS BLOQUES, xa que de outra maneira non cabería polas portas. Estes dous bloques foron pegados xa no lugar onde a maqueta vai quedar exposta, entre a xefatura de estudios e a direción.
Tamén usamos ESPUMA DE POLIURETANO no interior da maqueta para facer o corpo máis sólido e estable, e sobre todo,máis lixeiro, xa que a idea é que permaneza pendurada.
O excesivo peso pode facer que acabe caendo, como outra maqueta (non do concello completo) que fixemos fai varios cursos.

E xa, rematado o máis duro, veu o máis divertido, que foi levala ó seu lugar, cousa que tampouco foi doada de todo...












Aínda queda por facer, e o proceso continúa...pero quizáis o máis importante deste traballo sexa ver o produto do TRABALLO COLECTIVO, algo que seguramente non estamos moi afeitos a valorar, e que precisamos coñecer porque así é a realidade e así debe ser...un traballo colectivo que non empeza nen moito menos en nós...se fixemos esto foi posible porque antes, os topógrafos, o instituo xeográfico e centos de personas fixeron un bo traballo antes que nós, e o puxeron á nosa disposición na rede ara poder facer algo así



Tamén hai que agradecer a toda a xente que nos facilitou a materia prima para a maqueta o seu apoio, e en particular aos nosos principais proveedores de material, PEPE e DIEGO, da cafetería. Sen a súa axuda non sería posible ter rematado tan "rápido" a cousa...
E por suposto, aos 19 alum@s de 1º bac de artes, que tiveron a paciencia e capacidade de traballo (ás veces tamén de organización) para facer isto, moitas veces ocupando os seus recreos de maneira voluntaria, e sempre facendo a clase agradable co seu bo humor e espíritu constructivo...


E tamén, falar de experiencias similares en outros centros de ensino, como a do proxecto que fioxeron no IES URBANO LUGRIS de Malpica de Bergantiños, en que entre diferentes áreas (plástica, bioloxía, matemáticas, tecnoloxía, xeografía, paisaxe), e en diferentes niveis (1º a 4º ESO) están a facer o concello enteiro de MALPICA DE BERGANTIÑOS con impresora 3d, tamén seguindo as liñas de cota de planos topográficos. A idea é facer as parroquias en diferentes cores e logo montalo como un puzzle.
Miguel Ángel Díaz Salgueiro, arquitecto e profesor de plástica, é un dos responsables deste precioso proxecto, do que teñen xa impresas as illas Sisargas. Todo estará feito a unha escala de redución algo menor que a nosa, 1:10000 



jueves, 12 de octubre de 2017

COMEZA O CURSO 2017 2018, E O BAC DE ARTES PARA 20 NOVOS ALUMNOS...

E empeza con un traballo forte!...a construcción en tres dimensións, dunha maqueta escala 1:5000 do levantamento topográfico do territorio íntegro do Concello de A Estrada.
Baseándonos nos mapas topográficos en PDF que se poden atopar e baixar de balde nas páxinas da XUNTA ou do MINISTERIO, e imprimindo as follas que corresponden ao noso Concello (que ten presencia nos sectores numerados como 120, 121 e 153) en tamaño A3, os alumnos de 1º bac están a levantar o relieve marcado nos planos en ISOCOTAS que marcan diferencias de altitude de 5 metros (escollen as liñas alternas que rematan en 0 para simplificar o traballo).
Con papel carbón, cúter, cartóns e cola, e sobre todo, con moita paciencia e un enorme traballo colectivo, (que aínda vai ser máis colectivo cada vez) o concello está a medrar ante os nosos ollos, e pronto a maqueta estará rematada. Despóis haberá que pintala, marcar cotas máximas de altitude, ríos, cidades, aldeas e vilas, estradas e zonas de interese...e poderemos colgar o resultado nalgunha parede (grande).
Aquí temos vídeos e imaxes do traballo...


Benvidos a este bacharelato e AVANTI!











sábado, 18 de marzo de 2017

MOAI TERMINADO

Despois de varios intensos días de traballo, esforzos, dúbidas e mesmo saídas ao río a buscar pedras, aí está o noso neno. Só lle falta un nome...introduce un comentario coa túa proposta!!


Na imaxen superior vemos o aspecto do moai co cemento impermeabilizante (dúas caas), e abaixo o aspecto final coa pintura (esmalte en spray e con brocha, diferentes cores con base gris)





lunes, 6 de marzo de 2017

MOAI ESTRADENSE

 O equipo A

No taller de VOLUME estamos a construir (se se deixa) un MOAI de mediano tamaño, baseado nun desenvolvemento que atopamos e mercamos na rede (hai moitos, de formas moi variadas e interesantes, só tedes que buscalos en etsy, pinterest...).
Coa inestimable axuda da nai de Ainoa Iglesias, que nos deu varias caixas de electrodimésticos, comezamos o traballo, con Ivette aos mandos do DEBUXADO en planos recortables das pezas sobre cartóns.
Tras recortalas, as ensamblamos usando ferraxes de papelería, para o que tamén foron de gran axuda os alumnos de Plástica de 4º, sobre todo Aroa, que aproveitou a súa axilidade para meterse no monstruo e pechalo por dentro, deixándo rematado o armazón.



Pero esto estaba só no comezo....recheamos a figura de papeis de libros vellos e decidimos si ía ser emprazada no INTERIOR ou no EXTERIOR do centro...

E tomamos a decisión máis complicada: EXTERIOR...tiñamos que rechear a figura de cemento portland e despois rematala por fora con cemento impermeabilizante.
Para comezar, impermeabilizamos con plástico a base da figura




Din que os habitantes da illa de Pascua tiñan que facer moito esforzo para mover os seus moais de pedra...pero nós fixemos case o mesmo esforzo en tentar evitar que o noso moai se estragase...
O tempo húmido fixo que o cemento non fraguara rápidamente, e a forza expansiva do líquido abriu grietas nas paredes de cartón, deformando a cara de moia ata facerlle pór unha mueca de cabreo...seguramente axudaron o noso xeito artístico-chapuceiro, pero finalmente triunfante.

Pouco a pouco fixémonos cos mandos do xigante...recheámolo de cemento e de moitos, moitos libros vellos (este home si que estudiou, ten na cabeza libros de texto para moitas vidas) e aplicámoslle unha lixeira capa no exterior. Todo elo grazas aos capataces de obra José e Miguel, que ademáis nos amenizou a velada co seu impagable show...
E así, cansados, co pelo cheo de cemento, chegamos ao fin das clases, agardando que isto fragüe e poidamos seguir adiante co noso amigo o xigante....mañá máis e mellor...