Mostrando entradas con la etiqueta micael miguez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta micael miguez. Mostrar todas las entradas

jueves, 6 de febrero de 2014

CONCURSO ONLINE DE CARTEIS DE ENTROIDO

Os alumnos de 2º BAC de Artes deseñaron un cartel para a festividade do ENTROIDO no Instituto.
Os carteis presentados someteránse a votación popular durante unha semana. Podes votar na barra da dereita. Escolle o teu favorito.
Vota UN só cartel. Non fagas trampa, máis dunha votación por IP invalida a encuesta...
O plazo para votar é ATA O DÍA 20 Febreiro.
Mira ben os carteis. Pincha na imaxen para agrandala e observaa con atención...
Verás que na encuesta hai ata 13 números, e non hai tantos carteis nas imaxes. Isto é porque en vindeiros días poderase subir algúns máis. Se queres agardar a que estean todos subidos á páxina podes ir pensando o teu voto e votar nuns días...
O nome dos autores non aparece, aínda que unha vez sexa votado o mellor, o cartel gañador levará o nome do autor, que recibirá un premio. O ano pasado o cartel gañador foi deseñado polo exalumno Alejandro Mosteiro

                               CARTEL 1
                                                                


CARTEL 2


                                                        CARTEL 3





CARTEL 4



CARTEL 5




CARTEL 6






CARTEL 7






CARTEL 8


CARTEL 9




CARTEL 10


lunes, 21 de mayo de 2012

ATA SEMPRE

Os alumnos de 2º BAC deixan o instituto, despois de uns cantos anos nos que deixaron a súa pegada entre estas paredes, e as súas chuletas baixo algunha mesa.
Os de bacharelato de artes, ademáis, son e serán sempre a PRIMEIRA PROMOCIÓN deste Bacharelato, no IES MGB de A Estrada.
Iago, Lorena, Paula, Alba, Diego, Rosa, Andrés, Micael, Fátima e Marta son os alumnos que estrenaron a aula de debuxo artístico e técnicas de expresión gráfica, os alumnos que estrenan titulación, os que pasaron as dificultades e as apreturas típicas nunha nova especialidade que comeza a andar, e os que para sempre figurarán nesa primeira orla, ideada por Lorena, na que, nun patio de veciños, os dez elexidos posan fotografiados por Paula.
Non son bos tempos para ser xoven neste país, que xa fai tempo desprazou a xuventude do protagonismo e condenou a brillantes estudiantes e xente con moita capacidade ao ostracismo, mentres a cultura do pelotazo fixo acadar poder e cartos a individuos de escasa formación e aínda menos catadura moral.
Ser xoven hoxe en día require ter unhas esperanzas blindadas, e uns soños de ferro, a proba de tantas cousas éticamente insoportables que están a pasar.
Pero tamén son eles, a mocidade, os que teñen a chave para cambialo.
Esa chave quizáis se chame CREATIVIDADE.