Este 16 de marzo, os alumnos de 2º Bac de Artes terminaron un mural, feito coa técnica de estarcido, na parede do CEIP Pérez Viondi, un muro que foi antes pintado polo colectivo cultural A Estación, e que nós complementamos con este estarcido, deseñado por Natalia Liste, e no que todos os alumnos de Bac de Artes traballaron no proceso e pintado final.
Antía, Alba e Alex traballaron por partida doble, xa que eles tamén formaron parte do colectivo que, previamente, traballou na parede, eliminando "pintadas" e suciedades varias, estampando unhas frases que poñen en valor a creatividade nas aulas, algo desgraciadamente en desuso, e do que moitas veces son máis conscientes nas primeiras etapas do ensino.
O traballo foi organizado polos equipos de normalización lingüística dos dous centros, o IES García Barros, e o CEIP Pérez Viondi.
No proceso sacamos unha serie de fotos na que Uxía López fixo de modelo, representando unha nena que soplaba una "máquina de burbullas". Como Uxía xa non é unha rapariga, tivemos que posterizar a imaxen, despóis de aumentarlle considerablemente o tamaño da cabeza, para que parecera unha nena de uns oito anos. Esta rapaza, na imaxen, estaba subida a unha pila de libros, dende a que soplaba, facendo saír as pompas de xabrón, pintadas en cores.
Tivemos que traballar a máscara de estarcido na nosa propia aula, e o día de autos realizamos o pegado da mesma, e o pintado con sprays.
A colaboración de ilustres exalumnos, Brais Cajide e Carlos López, tanto no proceso como na inxesta dos bocadillos con que o CEIP nos premiou, foi fundamental.
O resultado, xa vedes, será o inicio de unha boa amizade pictórica entre estes dous centros, hermanados por tantos alumnos, que lembran con cariño as vivencias de infancia entre as paredes do CEIP, agora tuneadas por eles mesmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario