jueves, 12 de enero de 2012

RETRATOS de hoxe e de sempre

O concepto de RETRATO é hoxe máis amplo e versátil do que nunca o foi. Hoxe podemos fotografíar a alguén, e enviar a imaxen ó outro lado do mundo instantáneamente, podemos reproducir, posterizar, retocar, saturar ou desaturar, ou facer mil e unha cousas á nosa faciana, ou mesmo mesturarla con outras.
E tamén utilizar de maneira creativa plugins e ferramentas de edición fotográfica e de imaxen dixital para que formen parte da estructura final da imaxen.

Hoxe, moita xente, cando lles falamos de RETRATO, pensan en algo así


ou así


Pero un RETRATO, e xa hai ben tempo disto, pode ser tamén algo así

ou así


ou algo así





ou incluso pode ser algo como o que fixeron Iago Fernández e Andrés Troitiño, algo tal que así:




martes, 10 de enero de 2012

CARTEIS...DECILO TODO NUN SÓ VISTAZO






























































O CARTEL converteuse no noso tempo nun elemento de comunicación visual básico, presente en moi diferentes ámbitos, dende o comercial (publicidade), ata o institucional, sen perder de vista o ámbito estrictamente artístico, de cartel non referido a un producto ou evento determinado, senón como obxeto artístico con valor por sí mesmo.
O certo e que os carteis de eventos, películas ou mensaxes institucinais, as mensaxes visuais nesta particular forma de cápsulas, de mensaxes breves y concisos, como un haiku, como un puñetazo, como unha explosión controlada, forman parte da nosa vida dunha maneira que poucas veces nos paramos a pensar. Forman parte do noso paisaxe vital, como a música que escoitamos ou as formas dos edificios das rúas da nosa cidade, que percorremos todos os días.

O cine é un dos campos de experimentación do cartelismo máis interesante: o feito de ter que facer UNHA imaxen, unha soa imaxen descriptiva, sobre un mensaxe narrativo, como é unha película, fai interesantísimo e moi rico o traballo do deseñador.
As metáforas visuais máis ou menos explícitas, os guiños a estéticas doutras épocas, os xogos entre a imaxen e o texto, todo é un disfrute para quen o fai...e como consecuencia, tamén para quen o ve.
Aquí tedes uns exemplos de carteis de películas de sempre...e AQUÍ algúns máis
E en breve veredes neste blogue traballos dos alumnos... a ver que sorpresas nos deparan