viernes, 19 de abril de 2013

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA EASD MESTRE MATEO




O día 24 de abril, mércores, os alumnos de Bacharelato de artes do IES Manuel García Barros, presentes e futuros (+ 4 alumnos de 4º ESO), visitarán a histórica Escola de Artes e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago, que celebra as súas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS, con talleres abertos ao público nos que se poderá participar activamente.
A visita a Santiago servirá tamén para achegarse á empresa ESCENOSET, adicada á arquitectura efímera, precisamente unha das especialidades da Escola.
Tamén visitaremos a exposición de pinturas que X. Méndez, o creador de Escenoset, ten no Pazo de Fonsea, titulada Retratos con Alegoría.

miércoles, 10 de abril de 2013

domingo, 31 de marzo de 2013

OPERACIÓN IPAD

Para as clases presentes e futuras de DEBUXO ARTÍSTICO, no bac. de artes, imos mercar un Ipad, ou tableta análoga, xa que estase a converter nunha ferramenta de debuxo e ilustración que é preciso coñecer e saber manexar.
Como nos últimos tempos o tema de cartos no ensino público non da para máis, imos iniciar a OPERACIÓN IPAD, conseguir financiar a compra desa tableta mediante a venta de PÓSTERS da "performance" que montamos fai uns meses, escribindo, cos corpos de 250 alumnos, a palabra PREBE no patio do instituto...
Faite con un, só custa DOUS euros, e axudarás aos alumnos de Bac de artes, de agora e de tempos vindeiros, a ter esta importante ferramenta na clase.

Se queres máis dun, podes levar 3 pósters por só 5 euros!!

Aquí tes o póster en baixa resolución. O orixinal ten moita máis, e todos os que aparecen son totalmente recoñecibles....

LEVA UNS CANTOS E BÓTANOS UNHA MAN!!!!!!


miércoles, 13 de marzo de 2013

LA RÉPLICA. EL TRAILER



Non intentedes facer esto en casa. Polo menos ata que vexades o resultado...en breve nestas pantallas....

sábado, 2 de marzo de 2013

PERSEGUINDO SOMBRAS



Estes días estivemos debuxando SOMBRAS, estudiando como inciden nos obxectos, como se comporta a luz (e consecuentemente, as sombras -propias e arroxadas-) nos diferentes casos que se poden dar: luz de sol e luz artificial puntual, co foco por diante ou por detrás do espectador.

Aproveitamos ben un dos poucos días de sol que tivemos ata o de agora na Estrada, para debuxar as sombras da entrada no MGB, coa luz da mañán incidindo sobre ela.

Hai moita información nos libros e tamén na web sobre como podemos debuxar e representar con exactititude e precisión as SOMBRAS:

AQUÍ, AQUÍ, AQUÍAQUÍ e AQUÍ, por exemplo...
E AQUÍ podemos ver algúns impresionantes traballos de sombreado a tinta opaca do arquitecto Frank LLoyd Wright

Aínda que para aprender a facelo, aínda mellor que un libro e poñerse directamente mans á obra, a debuxar...







sábado, 9 de febrero de 2013

BROMAS E TORTURAS PROPIAS DO ENTROIDO

Chegou o Entroido.
Os alumnos de BAC de artes tiveron un protagonismo especial: o cartel da festa foi realizado polo noso alumno de 2º Alejandro Mosteiro, que recibirá como premio 25 euros en material de debuxo e pintura (non lle vai dar para montarse un estudio pero algo é algo) , e o Concurso de disfraces tivo como premiadas a Patricia Calviño e Ariadna Silva, esta última tamén alumna de 1º Bac de artes (e a primeira, visitante ocasional).
O disfraz era moi bo, aínda que, todo hai que dicilo, o 90 por cento dos "disfrazados" viñeron en pixama ao instituto...paréceme a mín que para o ano os alumnos de bacharelato de artes van ter que facer de ASESORES de disfraces a uns cantos VAGOS (logo falan dos de Artes), que chaman disfraz á bata de andar por casa...


Aquí as premiadas, as "guiris", que se fixeron amigas (como soe pasar cos guiris) de toda canta xente estrafalaria que atoparon, como este corsario.


Pero si algo ten o Entroido é as bromas, o meterse uns cos outros, o CACHONDEO, en suma.
Posiblemente, os alumnos que viñeron a clase este último día, pensaron que isto era unha broma: pintar con pértigas de un metro e un rotulador atado na punta, ou debuxar no descampado xunto ao instituto, ao frío...
Pero non, o de pintar co "telemando" é unha maneira de afinar a precisión no debuxo...se un é quen de debuxar ben con esto...cando debuxe sen o pau, o resultado pode ser espectacular...

Aí tendes unhas cantas imaxes do día.

Disfrutade do carnaval!





E, como se pode ver, tamén as guiris pasaron pola tortura, con moi bo resultado...