miércoles, 24 de abril de 2013

VOLVE O CLUBE DE FOTO

Despois dun largo inverno, de chuvia, frio, neve, xiadas e encerro entre catro paredes...CHEGOU O SOL...e con él o CLUBE DE FOTO.
O martes 23 de abril estivemos desentumecendo os zooms e aquí temos unhas cantas fotos...



MANUEL 

























































ARIADNA








































































ISAAC







































MARIANO



























































OSCAR











































































martes, 23 de abril de 2013

OS ALUMNOS DE CUARTO E AS FOTOS DE CÁMARA ESTENOPEICA.

A cámara estenopeica ou cámara escura é a máxima (ou habería que dicir a mínima) expresión do minimalismo fotográfico, é facer fotos só con unha caixa (ou un bote de Colacao, coma no caso de Andrea Barreiro, Soraya Domínguez ou Carla Rey) e revelalas e procesalas artesanalmente...
Facer unha cámara escura é moi fácil: só é preciso ter unha caixa ou bote, cartulina negra, papel albal, un alfiler...e para facer e revelar as fotos, papel fotográfico, e os líquidos (revelador e fixador) necesarios para facer visible e fixar a imaxen.
Nada que non poda facer calquera...pero poucos con tranta gracia como os alumnos e alumnas de 4º ESO.
Aquí temos unha boa mostra das súas primeiras fotos. Como primeiras que son, algunhas saíron mellor que outras, pero é cuestión de práctica que todas acaben lucindo como recén saídas dunha NIKON...

Andrea Barreiro, Vanessa Domínguez, Sarai Louzao, Soraya Domínguez, Carla Penas, Andrea Souto e Tania Barral son as autoras destas fotos. As primeiras pero non as últimas....


















viernes, 19 de abril de 2013

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA EASD MESTRE MATEO




O día 24 de abril, mércores, os alumnos de Bacharelato de artes do IES Manuel García Barros, presentes e futuros (+ 4 alumnos de 4º ESO), visitarán a histórica Escola de Artes e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago, que celebra as súas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS, con talleres abertos ao público nos que se poderá participar activamente.
A visita a Santiago servirá tamén para achegarse á empresa ESCENOSET, adicada á arquitectura efímera, precisamente unha das especialidades da Escola.
Tamén visitaremos a exposición de pinturas que X. Méndez, o creador de Escenoset, ten no Pazo de Fonsea, titulada Retratos con Alegoría.

miércoles, 10 de abril de 2013