Durante estes días podedes ver na CAFETERÍA algúns dos traballos colectivos de PERSPECTIVA CÓNICA dos alumnos de 2º BAC, traballos nos que un alumno facía un primer debuxo, a tamaño a3, dunha perspectiva no centro. Outro a ampliaba a tamaño A2 ou maior, tomando como base esa primeira perspectiva, e outros dous alumnos finalizaban o traballo introducindo personaxes a diferentes escalas, ampliando así a percepción espacial dada pola propia perspectiva. Durante esta semana continuarán expostos no centro.
Bitácora do Bacharelato de Artes, Educación Plástica e Audiovisual do IES Manuel García Barros de A Estrada.
sábado, 15 de febrero de 2014
PERSPECTIVAS A CATRO BANDAS
Etiquetas:
abel carbajal,
alejandro vede,
andré díaz,
andres nodar,
Ariadna Silva,
catarina barcala,
cristina cimadevila,
debuxo,
iago riveira,
isaac rivadulla,
oscar durán,
perspectiva,
samuel vidal
jueves, 6 de febrero de 2014
CONCURSO ONLINE DE CARTEIS DE ENTROIDO
Os alumnos de 2º BAC de Artes deseñaron un cartel para a festividade do ENTROIDO no Instituto.
Os carteis presentados someteránse a votación popular durante unha semana. Podes votar na barra da dereita. Escolle o teu favorito.
Vota UN só cartel. Non fagas trampa, máis dunha votación por IP invalida a encuesta...
O plazo para votar é ATA O DÍA 20 Febreiro.
Mira ben os carteis. Pincha na imaxen para agrandala e observaa con atención...
Verás que na encuesta hai ata 13 números, e non hai tantos carteis nas imaxes. Isto é porque en vindeiros días poderase subir algúns máis. Se queres agardar a que estean todos subidos á páxina podes ir pensando o teu voto e votar nuns días...
O nome dos autores non aparece, aínda que unha vez sexa votado o mellor, o cartel gañador levará o nome do autor, que recibirá un premio. O ano pasado o cartel gañador foi deseñado polo exalumno Alejandro Mosteiro
CARTEL 1
CARTEL 3

CARTEL 2
CARTEL 4
CARTEL 5
CARTEL 6
CARTEL 7
CARTEL 8
CARTEL 9
CARTEL 10
Etiquetas:
abel carbajal,
alejandro vede,
andré díaz,
andres nodar,
Ariadna Silva,
brais picallo,
catarina barcala,
cristina cimadevila,
entroido,
iago riveira,
isaac rivadulla,
micael miguez,
oscar durán,
samuel vidal
miércoles, 29 de enero de 2014
VIAXE Á CIDADE ETERNA
Entre o 21 e o 26 de xuño, algúns alumnos de 1º e 2º BAC asistirán a unha saída cultural á capital de Italia, Roma.
Sairemos o sábado 21 de xuño. Haberá que estar no aeroporto de Santiago as 14 horas. O avión sae as 16 horas e chega a Roma as 20 45.
Visitaremos a cidade, os seus barrios, monumentos e lugares máis interesantes o domingo, luns, martes e a mañá do mércores 25, día no que as 17 55 colleremos o voo de volta a Santiago, onde chegaremos as 20 45.
A viaxe ten un prezo de 495 euros, inclúe o voo, traslados en bus ao hotel (*** en zona Términi, hotel aínda por determinar), 4 noites de aloxamento e almorzo, seguro de viaxe e responsabilidade civil, tasas de aeroporto e 1 maleta por persoa, así coma talonario de rifas para os alumnos.
Inclúe tamén IVE e máis gastos de xestión.
Non inclúe Tasas de estancia en Roma, imposto de 2 euros por persona e noite, que deberá pagarse no hotel.
Tampouco inclúe comida e cena, xa que é preferible xantar pola nosa conta e así evitar ter que ir a un mismo punto dúas veces ao día, o que podería interferir en visitas e itinerarios. Non inclúe tampouco entradas a museos.
A axencia coa que fixemos o prexecto é Viaxes Barceló, en Santiago de Compostela.
Os alumnos asistentes entregaron o día 29 de xaneiro un primer ingreso de 45 euros para reservar o voo, e este ingreso lles será restado do importe a pagar en vindeiras datas.
No Hotel é habitual facer un depósito en recepción de 20 a 25 euros por persoa, en previsión de posibles desperfectos, cartos que serán devoltos aos alumnos o último día (se non hai desperfectos nas habitacións, lóxicamente).
Asistirán un total de 29 alumnos e dous profesores.
A viaxe, organizada polo departamento de Plástica ten por obxeto visitar e observar de primeira man importantes lugares, hitos do enorme pasado cultural romano, que influíron dun xeito evidente en toda a nosa cultura, arte e sociedade. Din que todos os camiños levan a ROMA e, en certo modo, tamén todos os camiños veñen de alí.
Dibuxaremos, tamén, polas rúas da cidade. Esta actividade é voluntaria e poderán sumarse a ela os alumnos que o desexen, sexan do bacharelato de artes ou non. Tentaremos contactar antes da viaxe cos Urban Sketchers de Roma, e visitaremos non só lugares importantes da cultura do pasado senón tamén do presente.
Roma é un monumento en sí mesma. As súas ruas, prazas, edificios, son en sí mesmas máis interesantes que calquera museo. É unha cidade para disfrutar, calquer lugar dela é un lugar onde a beleza é sempre sorprendente e abraiante. Por moitas veces que se visite a cidade, por moito que esteamos afeitos a vela en fotos ou no cine, visitar Roma sempre é unha experiencia única, e visitala cos compañeiros moito máis.
Aquí van algúns dos moitísimos lugares que poderemos ver...xa iremos facendo un planning preciso cando saibamos seguro o Hotel no que pasaremos a noite...admítense todo tipo de suxerencias:
O FORO ROMANO

O COLOSSEO
O PASEO POLO RÍO TIBER E A ISOLA TIBERINA

O PANTEÓN DE AGRIPA, un dos edificios más impresionantes do mundo
A BOCCA DELLA VERITÁ, a alcantarilla máis famosa do mundo...
O CIRCO MASSIMO, (ou o que queda del) o lugar onde se facían as carreiras de cuádrigas...
O TEATRO MARCELLO
A PRAZA DE ESPAÑA, lugar de encontro de xente xoven de todas as partes do mundo
A MÁXICA FONTANA DI TREVI, escenario de La Dolce Vita e un dos lugares máis visitados da cidade, e posiblemente de todo o mundo...
A BASÍLICA DE SAN PEDRO, o imponente templo central do catolicismo, coa maxestuosa obra de Miguel Ángel como protagonista

A ESCULTURA DE MOISÉS de Miguel Ángel, na igrexa de San Pietro in Vincoli
LA PIAZZA DEL POPOLO
A impresionante PIAZZA NAVONA
O BARRIO bohemio do TRASTÉVERE
A FONTE DO TRITONE
...E MIL COUSAS MÁIS...estos son só uns cantos exemplos do que veremos...suxeride os sitios que máis vos interese ver, ou outras cousas que ver...
Xa iremos publicando máis cousas...vémonos nas reunións ou neste blog!!
Agora toca ir facendo cousas para que a viaxe, ademáis de inolvidable, sexa barata !
ANDIAMO!!!
miércoles, 22 de enero de 2014
PREBE, número DOUS
Dende mañá, 23 de xaneiro, xa podes botar unha ollada á edición impresa de PREBE, número DOUS.
Con axuda da Asociación de Pais en Nais e dunhas cantas empresas de A Estrada puidemos, finalmente, facer unha tirada curta.
Podes ler un exemplar na biblioteca do centro, ou achegarte a un dos locais colaboradores (aparecen na contraportada da revista, que podes ollar tamén aquí en versión dixital).
Tamén achegaremos algún exemplar á biblioteca de Santiago, Anxel Casal, onde xa está o número UN.
Os alumnos colaboradores tamén terán o seu exemplar...
Difunde o enlace para ler a revista en versión online, que chegue a todas partes!
http://es.calameo.com/read/00057129123d7b412a2d7

Publish at Calameo or read more publications.
Se tes una web ou un blog, podes insertar este código HTML para insertar nel a revista, cun icono como o de arriba:

PREBE número 2

Publish at Calameo or read more publications.

As empresas que fixeron posible a publicación foron: Xoiería Fondevila, Transportes Exprés de Vea, Restaurante Belis Nolis, Decoración Kontrastes, Café Boliche, Café Vasán, Café A Farola, Hamburguesería Florida, Grupo Valenciaga, Copistrada reprografía e Café O Paseo.
Moitísimas grazas a todas elas!!

lunes, 20 de enero de 2014
MARTIN LIEBSCHER, AUTORETRATO EXTREMO
O fotógrafo berlinés Martin Liebscher é un autoretratista. Pero MOI autoretratista...tanto é así que nas súas fotografías, todos os personaxes son él mesmo. Fixádevos ben nas imaxes
Aquí podedes ver algunhas das fotos que decoran o edificio da Filarmónica de Berlín, e algunhas cousas máis del, de quen tamén podedes visitar a súa WEB

Aquí podedes ver algunhas das fotos que decoran o edificio da Filarmónica de Berlín, e algunhas cousas máis del, de quen tamén podedes visitar a súa WEB

domingo, 19 de enero de 2014
MATTHEW ALBANESE, O REY DOS PEQUENOS DETALLES
Matthew Albanese é un artista que utiliza todo tipo de materiais de refugallo para construir os seus dioramas hiperealistas. Fotografías SEN retoque dixital, na que só a base de iluminación e precisión consegue un efecto de increíble realismo.
AQUÍ podes ver a súa páxina, e AQUÍ o seu flickr, onde poderás atopar cousas como estas:

AQUÍ podes ver a súa páxina, e AQUÍ o seu flickr, onde poderás atopar cousas como estas:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.png)

.png)