Bitácora do Bacharelato de Artes, Educación Plástica e Audiovisual do IES Manuel García Barros de A Estrada.
jueves, 9 de febrero de 2017
miércoles, 8 de febrero de 2017
POP ART ICONS EN OURENSE
O pasado 7 de febreiro fixemos unha agradable visita a Ourense, para ver a mostra POP ART ICONS, unha exposición dalgúns dos históricos do Pop Art americano.
Aquí podedes ver o cartel, e unha foto da visita (en breve haberá máis), na que a guía fixo unha breve ainda que interesante explicación histórica sobre este movemento, e a súa influencia na cultura popular da segunda metade do século XX e no XXI.
Aproveitamos para visitar a Escola de Arte Antonio Faílde, unha escola de moito interese para os estradenses, xa que a súa especialidade raiña (aínda que ten outras moi interesantes) é DESEÑO DO MOBLE.
O seu director, César Taboada, e todo o personal da Escola foron moi amables con nós, abríronnos os talleres...e déronnos moita, moita envexa. Pero as portas da EASD están abertas para os nosos alumnos que queran formarse alí, a beira do Miño, nesta bonita cidade, que deixamos despóis de facer a obrigada visita as Burgas e salpicarnos un pouco os uns aos outros...
Ata outra, Ourense!!!
Imaxen do CUT OUT de Marilyn que nos deron como agasallo no centro cultural MARCOS VALCÁRCEL...
E xa que falamos de DESEÑO, aquí unhas imaxes dun deses museos dos que non se fala moito, pero que é unha visita enormemente interesante e da que se pode aprender moitísimo: O Museo do Deseño de Barcelona. Un dos centros expositivos máis noviños da sempre sorprendente capital de Cataluña, emprazado na zona "nova" que xurdeu ao rematar o "Forum", xunto a Torre Agbar.
Se ides por BCN, non dudedes en visitalo !!!
domingo, 8 de enero de 2017
PREBE#5 !!!!!!!!!!!!!!!
Xa está na rede o número CINCO de PREBE, esta vez DESCARGABLE íntegramente (e en cores -a versión impresa será en grises-) no portal LEKTU de publicacións dixitais.
Para acceder a este número tes que darte de alta en LEKTU, Prebe#5 descárgase baixo a modalidade de PAGO SOCIAL, é dicir, que ao descargala a túa descarga será publicada nunha das túas redes sociais (a que escollas, facebook o twitter) para axudar a darlle difusión á publicación.
Os contidos están baixo unha licencia Creative Commons, pódese difundir sen modificar o contido e sin ánimo de lucro, e citando aos autores.
Pincha na PORTADA para descargala !!!!

lunes, 26 de diciembre de 2016
IMOS A MILÁN...ou a MULÁN??
Os alumnos de 4º ESO farán unha saída cultural a MILÁN, a capital da Lombardía, e tamén capital do DESEÑO, do 16 ao 21 de abril. E como de deseño vai a cousa, os propios alumnos están a diseñar cousas para axudar a financiar a excursión, algo sempre moi útil nestes tempos apretados.
Miriam Núñez é a autora deste primer deseño (inspirado na imaxen da película MULÁN) para camisolas e bolsas, que podedes mercar a un precio de 10 euros, e de paso que vos levades unha cousa moi cuca, contribuídes a que estes alumnos poidan ir a esta viaxe de fín de ESO.
Aquí tedes as marabillas que xa rulan pola Estrada. Facervos con unha, que se acaban!
De momento as están a vender María López, Mirian Núñez, Uxía Salgueiro, Marcos Puente, Jesús Martínez, Roi Campos, María Rivadulla, Sofía Barros, Icía Couso, Paula Pereiras, María González, Aaron Cela, Yago López, Francisco Rodríguez, Jacqueline Reimúndez, Daniel Pérez e Ángela Pérez.
Moitos dos alumnos que viaxan a Milán están a vender tamén CHAPAS, con deseños propios, algunhas delas con debuxos orixinais directamente insertados na chapa.
Xoias que paga a pena ter e gardar...
Tamén a axencia, Simply Travel, facilitaranos o uso dunha das salas de cine, para facer proxeccións e usar a recadación para cofinanciar a viaxe...
E os alumnos están, ademáis, a preparar un Festival con este mismo fín.
Unha moi boa e interesante maneira de axudar a pagar esta actividade, facendo cousas útiles e cheas de creatividade.
Se queredes facer encargas destas, ou de outras cousas que irán xurdindo nestes meses (se queredes camisolas precisade a talla), podedes facelo a calquera dos viaxeiros, que son:
A excursión contará co acompañamento dos profesores de Artes Mariano e Xoan, e a profesora de Literatura, Chelo.
A viaxe incluirá unha visita de un día a Florencia e outra visita ao Lago Como, ademáis de visitar as moitas cousas que podemos ver en Milán, das que iremos dando conta neste mesmo blogue.
Permanecede atentos!

1. Maria González Blanco
2. Miriam Núñez López
3. Uxía Salgueiro Pereiras
4. Alejandro Fernández Justo
5. Patricia Riveira Magán
6. Yago López Vinseiro
7. Malena Franco González
8. Francisco Rodriguez Garcia
9. Paula Darriba Botana
10. Jacqueline Reimundez Rey
11. Sofía Campos Fernández
12. Aroa Durán Ferrero
13. Xián Caamaño Caramés
14. Lorena Rivero Besteiro
15. Marcos Puente Vázquez
16. Sofía Barros Fernández
17. Icía Couso Vede
18. Maria Lopez Coto
19. Alba Mato Dominguez
20. Laura Montero Martínez
21. Maria Rivadulla Collazo
22. Paula Pereiras Matalobos
23. Roi Campos Puente
24. Andrea Gonzalez Pereira
25. Carmen Campos Sánchez
26. Mateo Alvarellos Docampo
27. Daniel Pèrez Domínguez
28. Penélope Pumar Valladares
29. Clara Rivadulla Blanco
30. Jose Miguel González Iglesias
31. Uxia Silva Simoes
32.Tatiana Fonseca Pontes
33. Santiago López Eyo
34. Daniel Lauroba Loureiro
35. Adela Sánchez Vázquez
36. Carlota Campos Goldar
37. Manuel Miranda Iglesias
38. Javier Escariz Mella
49. Jesús Martinez Carracedo
40. Alfonso Castro Cao
41. Rosa Rivadulla Blanco
42. Mauro Pena Blanco
43. Mario Loureiro Montenegro
44. Hugo Escudero
45. Ángela Pérez Luengo
46. Aaron Cela Riveiro
A excursión contará co acompañamento dos profesores de Artes Mariano e Xoan, e a profesora de Literatura, Chelo.
A viaxe incluirá unha visita de un día a Florencia e outra visita ao Lago Como, ademáis de visitar as moitas cousas que podemos ver en Milán, das que iremos dando conta neste mesmo blogue.
Permanecede atentos!
lunes, 19 de diciembre de 2016
ARIADNA XATAKA DE NUEVO
O influinte blogue XATAKA, especializado en fotografía, acaba de publicar unha listaxe dos SEIS FOTÓGRAFOS EMERXENTES ESPAÑOIS MÁIS PROMETEDORES. E aí, (acaso o dudábades, galopíns) está Ariadna Silva, que se fixo acredora a esta atención cos seus retratos na RAPA das bestas...ainda que os que a coñecemos sabemos que TODO o seu traballo é magnífico e digno de atención, agora e no futuro.
Aquí tedes o enlace, premede na cara de este simpático ALOITADOR, e tamén ilustre exalumno...

sábado, 17 de diciembre de 2016
BALEIRADO DUNHA PEZA DE ARXILA
Imos ver como facer un baleirado a partir dunha peza feita en arxila, usando escaiola para obter un molde, e unha vez temos o molde, facer un positivo definitivo, neste caso utilizando espuma de poliuretano.
O resultado aínda non o sabemos, pero aquí tedes unhas imaxes moi claras do PROCESO.
-Primero temos que facer un modelado en arxila da peza que queramos obter. Ten que ser unha peza fácilmente DESMOLDABLE. É dicir, non pode ter ocos grandes nin formas que impidan a saída dun molde ou cofre de dúas pezas que fagamos sobre ela. Un busto é unha forma ideal.
Aquí temos un busto rematado en primeiro plano...e en seguro plano, unha impagable imaxen de Alicia modelando con luvas. Unha nova técnica!
Para facer un busto dun tamaño mediano-grande necesitamos construir unha estrutura para que a arxila non se desmorone e aguante durante o resto do proceso. Podemos facer unha sinxela estrutura usando unha táboa de madeira como base, e sobre ela clavar un listón, e rodealo con reixa de alambre, á que lle damos a forma aroximada da cabeza que imos modelar. Sobre ela imos poñendo o barro e modelando a figura. María en acción...
Unha vez rematada a cabeza, separamos cun material impermeable, fino e plano (láminas de lata ou plástico) a forma en dúas mitades, separadas nun corte vertical que non pase por zonas importantes da figura. Sobre a arxila salpicamos ESCAIOLA semilíquida (mesturada con auga) en varias capas (cada vez máis espesas) ata conseguer DOUS PARTES DUN MOLDE, cada unha a un lado da liña que fixemos coas láminas de plástico. É importante que, unha vez seca a escaiola, as dúas partes do molde poidan separarse da figura en arxila, sen quedar soldadas entre sí.
A figura de arxila pérdese e obtemos o molde en negativo desa forma.
Se o molde (e o desmoldeado) están ben feitos, o negativo rexistrará todos os detalles da figura orixinal, que pasarán máis tarde ao(s) positivo(s) que fagamos con este molde.
O que agora é moi importante é tratar a escaiola, que é un material poroso e con tendencia a absorber o que entre en contacto con ela, con unha sustancia DESMOLDEANTE. Ceras, parafinas, vaselina ou xabrón son bos para esto...Como imos facer o positivo cunha sustancia tamén moi pegañenta, temos que combinar dous desmoldeantes fortes. Darémoslle unha capa de CERA LÍQUIDA ao interior do molde, e sobre ela, unha capa máis de xabrón.
A cera líquida quitaralle algo de detalle á peza, pero é preferible esto a que a espuma se pegue á escaiola e nos arruine o traballo.
Poñemos cera a calentar e , en estado líquido a vertemos no interior do molde, e rápidamente a estendemos cos dedos (a cera líquida non queima, derrítese aos 80º) para que non aplane en exceso os valles da figura negativa.
A parte interior do molde queda "encerada e fácilmente desmoldeable. Poderíamos xa facer un baleirado positivo tamén con escaiola ...Pero a ESPUMA DE POLIURETANO que imos usar esixe máis seguridade no desmoldeado do positivo, así que sobre o interior imos darlle ademáis unha capa de XABRÓN para asegurar aínda máis ese desmoldeado.
Feito esto, só queda UNIR as dúas partes do cofre o molde, e unilas FORTEMENTE, porque a espuma de poliuretano aumenta moitas vefces o seu tamaño e tende a expandir o oco no que se inserta. Si frenamos esta expansión faremos que a espuma quede sen poros e cun aspecto máis consistente. Para esto ATAMOS as dúas partes do molde con varias voltas de cinta ou con cordas.
Previamente preparamos un pouco máis de escaiola (aí está José facendo a operación) para SELLAR os bordes do cofre.
E feito isto, só queda coller a espuma e chear o noso molde (que é máis grande do que parece, son moitos litros os que caben nunha cabeza) de espuma de poliuretano. Deixar o molde cheo de espuma co oco cara arriba..e agardar a que seque.
O luns saberemos en que acaba todo isto...

jueves, 8 de diciembre de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)