Na imaxen superior vemos o aspecto do moai co cemento impermeabilizante (dúas caas), e abaixo o aspecto final coa pintura (esmalte en spray e con brocha, diferentes cores con base gris)
Bitácora do Bacharelato de Artes, Educación Plástica e Audiovisual do IES Manuel García Barros de A Estrada.
sábado, 18 de marzo de 2017
MOAI TERMINADO
Despois de varios intensos días de traballo, esforzos, dúbidas e mesmo saídas ao río a buscar pedras, aí está o noso neno. Só lle falta un nome...introduce un comentario coa túa proposta!!
miércoles, 15 de marzo de 2017
O TERCER DEBATE EN EXTRARADIO
Xa está aquí o TERCER DEBATE en EXTRARADIO...
O typex, líquido ou de cinta? A tortilla, pouco feita ou moi pasada? Se ides a un país onde coman insectos, tamén o fariades? Esta e outras preguntas sobre as que a humanidade aínda non chegou a unha conclusión, aquí, en EXTRARADIO#3
E accede aquí tamén ao programa DOUS e ao UN
O typex, líquido ou de cinta? A tortilla, pouco feita ou moi pasada? Se ides a un país onde coman insectos, tamén o fariades? Esta e outras preguntas sobre as que a humanidade aínda non chegou a unha conclusión, aquí, en EXTRARADIO#3
E accede aquí tamén ao programa DOUS e ao UN
miércoles, 8 de marzo de 2017
MILAN FEST
Os alumnos de 4 ESO levan xa tempo facendo moitas e moi interesantes cousas para axudar a financiar a súa excursión fin de ESO a Milán. Lonxe de recurrir ao fácil, as clásicas "rifas", loterías e demáis, puxeron a súa creatividade a funcionar...despóis de deseñar camisetas, posavasos, chapas... de facer e vender doces, e de traballar moito e ben, rizaron o rizo co gran FESTIVAL no que foron ademáis os protagonistas.
Cortesía de EMECE FOTÓGRAFOS vos deixamos aquí estas imaxes que o din todo.
Milán agarda por nós entre o 16 e o 21 de abril, e imoa pasalo tan ben comono público que encheu o Teatro Principal...
lunes, 6 de marzo de 2017
MOAI ESTRADENSE
Coa inestimable axuda da nai de Ainoa Iglesias, que nos deu varias caixas de electrodimésticos, comezamos o traballo, con Ivette aos mandos do DEBUXADO en planos recortables das pezas sobre cartóns.
Tras recortalas, as ensamblamos usando ferraxes de papelería, para o que tamén foron de gran axuda os alumnos de Plástica de 4º, sobre todo Aroa, que aproveitou a súa axilidade para meterse no monstruo e pechalo por dentro, deixándo rematado o armazón.
Pero esto estaba só no comezo....recheamos a figura de papeis de libros vellos e decidimos si ía ser emprazada no INTERIOR ou no EXTERIOR do centro...
E tomamos a decisión máis complicada: EXTERIOR...tiñamos que rechear a figura de cemento portland e despois rematala por fora con cemento impermeabilizante.
Para comezar, impermeabilizamos con plástico a base da figura
Din que os habitantes da illa de Pascua tiñan que facer moito esforzo para mover os seus moais de pedra...pero nós fixemos case o mesmo esforzo en tentar evitar que o noso moai se estragase...
O tempo húmido fixo que o cemento non fraguara rápidamente, e a forza expansiva do líquido abriu grietas nas paredes de cartón, deformando a cara de moia ata facerlle pór unha mueca de cabreo...seguramente axudaron o noso xeito artístico-chapuceiro, pero finalmente triunfante.
Pouco a pouco fixémonos cos mandos do xigante...recheámolo de cemento e de moitos, moitos libros vellos (este home si que estudiou, ten na cabeza libros de texto para moitas vidas) e aplicámoslle unha lixeira capa no exterior. Todo elo grazas aos capataces de obra José e Miguel, que ademáis nos amenizou a velada co seu impagable show...
E así, cansados, co pelo cheo de cemento, chegamos ao fin das clases, agardando que isto fragüe e poidamos seguir adiante co noso amigo o xigante....mañá máis e mellor...
jueves, 2 de marzo de 2017
jueves, 23 de febrero de 2017
EXTRA, EXTRAAAAAA....EXTRA...RADIO!!!!!!
Xa está aquí EXTRARARIO, a emisora do García Barros. Debates sobre temas moi trascendentes e importantes para as nosas vidas, os temas que DE VERDADE IMPORTAN: Cando chove moito, móllaste máis correndo ou andando?... Pódeselle botar froita as pizzas?...As notas de clase, mostran a intelixencia dos alumnos?...Está ben mexar na rúa?...Hai que comer chuches nos centros escolares?...Está ben celebrar San Valentín?...estes temas e moitos máis, debatidos con paixón, e ás veces mesmo con argumentos, pero sempre con respecto e educación, que para iso vimos ao instituto. Un debate semanal no que todo o mundo é benvido, toda opinión é importante, e no que, como na vida, o absurdo é moitas veces o punto de partida para chegar a algures.
Estade atentos. EXTRARADIO xa está ON AIR. Podedes oílo e baixalo na nosa páxina de Soundcloud, deseñada por Brais García e Guillermo Fernández.
Cada semana (ou así) nas ondas a vosa emisora amiga...non só para escoitala, estades invitados a participar, a debatir e a falar cando queirades. Non importa se sodes alumnos, profesores, nais, pais ou avós...pero para ir abrindo boca...escoitade!! Estades ante o EPISODIO PILOTO
Clickade no logo, e...Que vos sexa leve!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















































