A perspectiva forçada é uma técnica fotográfica para criar ilusoes óticas e jogar com a escala de objectos e personagens.
Como funciona
Eis alguns trabalhos realizados por alunos/as de Cultura Audiovisual I:
Bitácora do Bacharelato de Artes, Educación Plástica e Audiovisual do IES Manuel García Barros de A Estrada.
lunes, 24 de junio de 2019
jueves, 13 de junio de 2019
Videoarte
Obras de videoarte realizadas por alumnas/os de 2º de Bacharelato:
Alba Bugallo
Amara Moimenta
Paula Mahía
Paula Pereiras
Miriam Núñez
Marcos Puente
Jacqueline Reimundez
Uxía Silva
Analogía
Unha curtametraxe do curso pasado realizada por Jacqueline Reimundez, Tatiana Fonseca e Paula Pereiras:
martes, 7 de mayo de 2019
El misterio de Mort y Adela
Curtametraxe realizada polos/as alumnas/os de 2º de Bacharelato: Alba Bugallo, Uxía Silva, Paula Pereiras, Tatiana Fonseca, Vicente Couceiro e Franky Valiñas.
Un par de compañeiras de piso aceptan un traballo de unha noite para coidar ó can dunha señora maior. Cando chegan á súa casa, atópanse nunha situación que xamais pensaran vivir.
viernes, 21 de diciembre de 2018
Foto - collages
Trabalhos de colagem fotográfica realizados por alunos/as de 1º de Bach. na matéria de Cultura Audiovisual:
2018
Xian Fernández
Alba Vázquez
Ana Gestoso
Brais Loureiro
Diego González
Jennifer Servide
Laura Montero
Marta Pampín
Nerea Mosteiro
Antía Barcala
Rosa Rivadulla
Saleta Vázquez
2017
Uxia Silva
Jennifer Servide
Andrea González
Sandra Moreira
Marcos Puente
Miriam Núñez
Saleta Vázquez
Javier Escariz
Jacqueline Reimóndez
Andrea González
Paula Pereiras
viernes, 12 de octubre de 2018
TODO O QUE LEVAMOS DETRÁS
Comeza o curso 2018 2019, e non hai mellor maneira de comezar a andar que visitando as dúas magníficas exposicións que se poden ver (unha por moi pouco tempo) na Cidade da Cultura.
Unha delas, CASTELAO MAXISTRAL, é unha mostra concebida ao redor do famoso cadro A DERRADEIRA LECCIÓN DO MESTRE, de Castelao, obra que "visita" durante un tempo limitado a nosa capital, e que despois volverá a Buenos Aires, co que a oportunidade para vela en vivo é única.
Nesta mostra se homenaxea non só ao artista senón tamén, e a través da súa obra, á figura do mestre, especialmente deses mestres represaliados e perseguidos durante a guerra civil e a ditadura, aos que esta obra representa dun xeito simbólico.
A faciana do profesor morto, no cadro, representa a de Alexandre Bóveda, tamén executado nos primeiros momentos da guerra civil.
A pesar de que todos os bocetos, pezas, audiovisuais e mesmo unha instalación que imita a unha vella aula, son moi interesantes, a presenza do CADRO do mestre represaliado é demasiado magnética para o espectador, e non podemos evitar pasar tempo diante del, é o que viñemos ver...unha vez pasada a emoción dos primeiros intres, observamos a fluidez e a soltura dos trazos do fondo, as árbores, en contraposición ao acabado máis nítido das figuras protagonistas.
ADLDM é un cadro que hai que visitar varias veces. Paga a pena facelo, porque pode que non teñamos moitas ocasións na vida para velo de preto.
E a outra expo, que rematará o 14 de outubro, é tamén interantísima : Galicia Universal, un fresco da arte en Galicia no último século, que paga a pena ver con detenimento.
Nós tiñamos o tempo limitado, pero é unha mostra na que perderse unha e moitas veces, porque representa dun xeito bastante fiel (aínda que se botan de menos algúns artistas) todo o que levamos detrás, as raíces máis próximas a nós da nosa cultura, os pintores e artistas que crearon o andamiaxe do que hoxe é a nosa cultura visual.
Laxeiro, Urbano Lugrís, Castelao (de novo), un xovencísimo (e medio galego) Picasso, Antón Faílde, Germán Taibo, Ovidio Murguía, Maruja Mallo, Luis Seoane, Paco Leiro, Manolo Moldes, Diego Santomé e Carlos Rial son os artistas, por esta orde, cuia obra aparece nas imaxes...ero hai moitos máis, que paga a pena ver.
Se non víchedes a esposición, facédeo hoxe o mañán, porque só quedan dous días!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)