lunes, 3 de septiembre de 2012

benvidos de novo ao MGBOOK

Empeza o curso 2012 2013, e para entrar en quente, vexamos estes murais xigantes, pintados en varias ciudades do mundo....


ENLACE

viernes, 29 de junio de 2012

O NOVO LIBRO BLANCO SOBRE A ILUSTRACIÓN GRÁFICA EN ESPAÑA

A FADIP (Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais), á que pertence a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) acaba de editar o novo LIBRO BLANCO para profesionais da ilustración.
Este libro é unha INTERESANTÍSIMA E IMPRESCINDIBLE GUÍA para presentes e futuros ilustradores, debuxantes, e autores de contidos visuais en xeral, que toca dende as formas de contratación, ata maneiras de presentar o traballo a editores e administracións, así como guías de prezos, e sobre todo, unha aproximación bastante realista as diferentes profesións que teñen que ver co debuxo e ilustración no noso país, as súas circunstancias e particularidades.
Un libro que calquera estudiante de BACHARELATO DE ARTES debe coñecer moi ben, e que é GRATUÍTO NA SÚA VERSIÓN DIXITAL, e que pode descargarseno enlace de abaixo.
Tede en conta, os que estudiades este bacharelato, que o DEBUXO  e a ILUSTRACIÓN poden ser, e en moitos casos SERÁN, O VOSO TRABALLO nun futuro cercano, e hai que coñecer ben os pormenores deste traballo (onde a tendencia é que moita xente pretenda aproveitarse do descoñecemento de moitos autores dos seus propios dereitos) para poder exercelo cunhas garantías mínimas.

Podedes baixarlo gratis

NESTE ENLACE

(clickar onde pon VERSIÓN EN PDF)...en breve tamén estará operativo o libro en versión ebook para podelo ler en tabletas (aínda que a versión pdf tamén é valida para isto).

domingo, 17 de junio de 2012

MOEBIUS

O ano 2012 pasará a historia (entre outras moitas cousas, poucas boas) como o ano en que morreu Jean Giraud, tamén coñecido como Gir, e tamén coñecido como MOEBIUS. Un dos indiscutibles xenios da BD, cunha influencia moi grande noutras artes, como o cine, e na cultura visual do noso tempo. Un xenio que será recordado sempre. Neste enlace podedes ver unha película documental da BBC sobre este autor, unha película imprescindible sobre un creador imprescindible.

jueves, 14 de junio de 2012

O GRAFFITI DA ENTRADA, PASO A PASO

Os grafitteiros de verdade, os que fan debuxos nas paredes de Londres e por alí, disque poden pegar a máscara de estarcido na parede, darlle ao espray, recoller todo e escapar sin que ninguén se decate, en cuestión de minutos.
Despois do traballo que nos deu o noso gran grafitti, podemos asegurar que iso é MENTIRA, é unha lenda urbana, Banksy ten que estar compinchado coa policía, ou mesmo ata é un policia. Ou leva a parece enteira feita de casa...
O caso é que aquí temos as fases iniciais do traballo....as fotos das que saíron os STENCILS, dos alumnos con cara de traballar (para eles é doado poñer esa cara)...e despois, as fotos posterizadas a branco e negro.

Estas fotos foron proxectadas a tamaño real na parede e debuxadas sobre cartulinas, que logo se recortaron (o que era a silueta negra) e serviron como máscaras de estarcido, como se pode ver nos vídeos.



Photobucket Photobucket