sábado, 9 de febrero de 2013

BROMAS E TORTURAS PROPIAS DO ENTROIDO

Chegou o Entroido.
Os alumnos de BAC de artes tiveron un protagonismo especial: o cartel da festa foi realizado polo noso alumno de 2º Alejandro Mosteiro, que recibirá como premio 25 euros en material de debuxo e pintura (non lle vai dar para montarse un estudio pero algo é algo) , e o Concurso de disfraces tivo como premiadas a Patricia Calviño e Ariadna Silva, esta última tamén alumna de 1º Bac de artes (e a primeira, visitante ocasional).
O disfraz era moi bo, aínda que, todo hai que dicilo, o 90 por cento dos "disfrazados" viñeron en pixama ao instituto...paréceme a mín que para o ano os alumnos de bacharelato de artes van ter que facer de ASESORES de disfraces a uns cantos VAGOS (logo falan dos de Artes), que chaman disfraz á bata de andar por casa...


Aquí as premiadas, as "guiris", que se fixeron amigas (como soe pasar cos guiris) de toda canta xente estrafalaria que atoparon, como este corsario.


Pero si algo ten o Entroido é as bromas, o meterse uns cos outros, o CACHONDEO, en suma.
Posiblemente, os alumnos que viñeron a clase este último día, pensaron que isto era unha broma: pintar con pértigas de un metro e un rotulador atado na punta, ou debuxar no descampado xunto ao instituto, ao frío...
Pero non, o de pintar co "telemando" é unha maneira de afinar a precisión no debuxo...se un é quen de debuxar ben con esto...cando debuxe sen o pau, o resultado pode ser espectacular...

Aí tendes unhas cantas imaxes do día.

Disfrutade do carnaval!





E, como se pode ver, tamén as guiris pasaron pola tortura, con moi bo resultado...









miércoles, 30 de enero de 2013

IRIA E DAVID, OS "NOSOS" ARQUITECTOS, NA REVISTA DISEÑO INTERIOR


Os arquitectos Iria Comoxo e David Olmos, ou o que é o mesmo, O MAS C, que estiveron no centro asesorando aos alumnos de 2º Bac de Artes sobre a remodelación da biblioteca, aparecen nunha amplia reportaxe na revista DISEÑO INTERIOR deste mes, que saiu onte mesmo...

VAIA PAR DE DOUS...

Sarai e Carlos estánse a clonar por etapas...que o ceo nos asista...a culpa de todo a ten o ALGINATO.

      photo carlosmove2_zps5747f367.gif



 photo saraimove2_zps8678f071.gif



E en breve nestas pantallas, a CLONACIÓN de ÓSCAR!





martes, 29 de enero de 2013

COAS MANS NA MASA

Os alumnos de 4º andan coas mans na masa, ou máis concretanmente, no BARRO.
Modelando figuras, broches, obxetos, e todo tipo de cousas que prometen acabar tendo moi boa pinta.
Aquí unhas fotos da OPERACIÓN BARRO...

 Tania, Alba, Soraya e Andrea coas mans na masa
 O esquelete da figura que van comezar a modelar, obsequio de Marisa Otero, que tamén lle da (e moi ben) a esto de modelar.
 Unhas alumnas modelando unha figura, a seis mans...
 O home musculoso que fan estas alumnas non é que sexa o David de Miguel Angel, pero eso sí, está mellor dotado...


En pouco tempo subiremos máis cousas, tanto de 4º eso como de 1º de Bacharelato de Artes, que están tamén traballando con alginato, cartón fallero, e outras formas de modelado e baleirado...

ENTROIDO


Este é o cartel seleccionado para representar o evento do ENTROIDO 2013 no IES García Barros.
O seu autor é Alejandro Mosteiro, de 2º de Bacharelato de Artes, e foi feito na clase de DESEÑO, a proposta de vicedirección, que concederá un premio ao alumno, consistente en material académico.
Pronto veredes o cartel polas paredes do centro.
Un cartel moi ben composto, con uso de imaxen fotográfica feita polo propio autor, cun formato orixinal e diferente, bo uso das tipografías, e das figuras retóricas e da linguaxe subliminal, que remite a máis cousas, e máis profundas que a simple festa que se vai celebrar o día 8 no noso centro.
Boísimo.

Noraboa a Alejandro, e a todos os participantes. Moi bos traballos.